Validación módulos profesionais

O alumnado que curse estas ensinanzas pode validar parte dos estudos oficiais que está a cursar tendo en conta a formación achegada e superada anteriormente pola persoa interesada.

No BOE do 30/12/20, publicouse o Real decreto 1085/2020, do 9 de decembro, polo que se establecen validacións de módulos profesionais dos títulos de Formación Profesional do sistema educativo español e as medidas para a súa aplicación

Probas de acceso ciclos formativos

Estas probas están destinadas a aquelas persoas que, carecendo dos requisitos académicos para acceder directamente, queiran cursar un ciclo formativo de formación profesional.

ARA

A acreditación de competencias é o proceso polo que a persoa candidata adquire unha acreditación oficial das súas competencias profesionais adquiridas por experiencia laboral ou vías non formais de formación. Este procedemento permite acreditar unidades de competencia que forman parte dun Título de Formación profesional ou dun Certificado de Profesionalidade.

Probas libres

As probas libres teñen por finalidade permitir ás persoas participantes obteren directamente algún dos títulos de técnico ou de técnico superior de formación profesional.

Bolsa de emprego

Bolsa de emprego que permite xestionar as demandas que recibimos das empresas e poñelas en coñecemento do noso alumnado, favorecendo a inserción laboral do mesmo.

Acceso a universidade

As persoas que dispoñan do título de técnico superior de formación profesional, ou do título de técnico superior de artes plásticas e deseño, ou do título de técnico deportivo superior, ou de títulos equivalentes, poderán acceder de modo directo, sen necesidade de proba, a calquera ensinanza universitaria de grao.

Recoñecemento de créditos universitarios

Recoñecemento directo de créditos nas titulacións universitarias oficiais de grao para as persoas tituladas en formación profesional de grao superior, de acordo coas normas de cada unha das universidades galegas.

Becas e axudas

Becas da convocatoria xeral para alumnado no universitario e universitario.

Axudas de necesidades específica de apoio educativo.

Bolsas de traballo

Fundación Empresa-Universidad Gallega (FEUGA)

Programas de Becas de Formación  con el fin de acercar las personas recién tituladas y estudiantes al entorno laboral.


AFD

Accións formativas dirixidas a persoas traballadoras desempregadas, xestionadas pola Consellería de Economía, Emprego e Industria.

Oferta curso escolar

Contacto