ESTADO DE EMERXENCIA SANITARIA COVID-19

Como medidas de prevención ante a situación epidemiolóxica do coronavirus Covid-19 e o actual estado de alarma:

 Dende o 25 de maio o alumnado, de 2º curso de ciclos medios e superiores, VOLUNTARIAMENTE poderá retomar as actividades lectivas presenciais. O profesorado titor facilitará ao alumnado o novo horario de cada módulo.

– O alumnado que asista as clases presenciais deberá seguir as INSTRUCCIÓNS PARA O QUE RESTA DO PRESENTE CURSO así como as MEDIDAS DE PREVENCIÓN E HIXIENE que se recollen na Resolución do 22 de maio (http://www.edu.xunta.gal/portal/node/31084).

– Será OBRIGATORIO o uso de MASCARILLAS para acceder as instalacións do centro. Unha vez na aula, seguiranse as instrucións do profesorado e, se a distancia de seguridade o permite, poderase deselvolver a clase sen mascarilla.

– Tal e como se recolle no apartado 7.5 da Resolución do 22 de maio, SERÁ O ALUMNADO QUEN DESINFECTE O SEU PUPITRE, CADEIRA E RESTO DE MATERIAL EMPREGADO, con independencia dos traballos efectuados polo persoal de limpeza.

– O horario de atención ao público será de 08:30 a 15:00, atendendo as necesidades urxentes da cidadanía a través do servizo telefónico

(982 128 894 – 622 921 105) e/ou do correo electrónico (cifp.portadaauga@edu.xunta.gal).

 A lo menos UN MEMBRO DO EQUIPO DIRECTIVO PRESTARÁ SERVIZOS NO CENTRO, no horario de atención ao público.

 O persoal (docente e non docente) estará localizable, nos teléfonos móbiles de contacto e revisará diariamente o seu correo electrónico.

 O profesorado seguirá desempeñando a súa función docente, mantendo o contacto co alumnado por medios telemáticos, para a proposta e seguimento de actividades (aula virtual, correo electrónico, etc…).

Toda a comunidade educativa do CIFP Porta da Auga espera que esta situación remate o antes posible. Mentres tanto, SAÚDE e moito ánimo para todos e todas.

RESOLUCIÓN 22-05-2020

Contacta co departamento de orientación

Contacta co departamento de orientación

Dende o Departamento de Información e Orientación Profesional informase que ante a suspensión das clases a causa da pandemia do COVID-19 e debido a imposibilidade de traballar presencialmente, aquelas persoas que queiran contactar coa orientadora poden facelo a través da seguinte dirección
orientacion.cifp.portadaauga@edu.xunta.es

Comentarios

CIFP Porta da Auga

Avda. de Luarca s/n CP27700 Ribadeo (Lugo)

Tfn: 982 128 894 | Correo-e: cifp.portadaauga@edu.xunta.es