Comisión de igualdade

COMPOSICIÓN DA COMISIÓN

  • Presidente
  • Coordinadora da Comisión de Igualdade
  • Representante do Departamento de Información e Orientación Profesional
  • Representantes do alumnado
  • Representante do Departamento de Formación e Orientación Laboral
  • Profesorado participante

OBXECTIVOS 

O I Plan de Igualdade do CIFP Porta da Auga, elaborado pola Comisión de Igualdade, contando coa participación activa do claustro e resto da comunidade educativa, ten como obxectivo xeral acadar unha igualdade real entre homes e mulleres nos ámbitos persoal e profesional.
Para poder lograr esta meta, formúlanse unha serie de actuacións, cuxas actividades van encamiñadas a:


– Impulsar a educación como a ferramenta chave para romper coas diferencias entre mulleres e homes.

– Concienciar ao profesorado da importancia da coeducación.

– Fomentar o traballo colaborativo en rede involucrando aos diferentes axentes educativos e sociais da contorna.

– Promover no alumnado un proxecto persoal e profesional libre de estereotipos de xénero.

– Fomentar a través da formación o mantemento de relacións afectivo-sexuais saudables e respectuosas.

– Favorecer relacións de igualdade e respecto cara a diversidade afectivosexual.

– Promover estratexias e pautas de actuación para a identificación e a actuación contra as diferentes manifestacións da violencia de xénero.

Plan de Igualdade

CIFP Porta da Auga

Avda. de Luarca s/n CP27700 Ribadeo (Lugo)

Tfn: 982 128 894 | Correo-e: cifp.portadaauga@edu.xunta.es