Coordinación da Biblioteca do CIFP Porta da Auga

Horario da biblioteca

8:30 a 15:00h. (Sempre que haxa profesorado dispoñible para a súa atención.)

Normas da biblioteca

  • Está prohibida a permanencia de alumnado na biblioteca sen a presenza de profesorado de garda ou que autorice esa permanencia facéndose responsable.
  • A biblioteca e un lugar de lectura, estudo e traballo, polo que débese gardar o maior silencio posible. E non se debe comer, beber ou xogar nela.
  • Non se deben tirar obxectos ao chan nin deixar papeis nas mesas.
  • Débese coidar o mobiliario, o equipamento informático e os fondos.
  • Os fondos e o mobiliario deben deixarse ben colocados despois de usalos.

* Nota: O incumprimento destas Normas dará lugar a expulsión inmediata da Biblioteca e á sanción que corresponda.

Suxerencias

  • Admítense todo tipo de suxestións para mellorar o funcionamento da Biblioteca, compra de fondos, actividades a organizar, concursos etc.
  • As suxestións faranse chegar por escrito ó profesor da Biblioteca ou a través da dirección de correo cifp.portadaauga@edu.xunta.es

Consulta e préstamo de libros

  • Os fondos da Biblioteca (libros , CD, DVD etc.) poden ser prestados a domicilio os membros da Comunidade Escolar debidamente identificados. (Excepto os excluídos deste servizo.)
  • Para poder consultar os fondos da biblioteca será necesario solicítalo o profesorado encargado.
  • Para poder sacar un libro o alumno ou alumna acreditará a súa identidade cun documento acreditativo (DNI, pasaporte etc,). E deberá estar dado de alta coma lector.
  • O período de préstamo será de 15 días naturais, prorrogables se non hai mais solicitantes. (A non devolución dará lugar á imposición das sancións que correspondan.)
  • Só se poden ter prestados 2 exemplares simultaneamente.
  • Hai que coidar os fondos que se levan en préstamo polo que hai que reparar , restituír ou pagar o material danado ou extraviado.

Organización

  • A Biblioteca está distribuída en catro seccións: zona xeral de lectura , zona ordenadores , zona de departamentos e zona de xestión da Biblioteca** e ordenador de profesores.
  • Os fondos na zona xeral de lectura están colocados por materias segundo a Clasificación Decimal Universal (CDU)** ; na zona asignada ós departamentos están os libros aportados por cada departamento, nos armarios correspondentes.
  • Na etiqueta dos libros figuran tres referencias: 4781 Número do rexistro BEC Primeiro apelido do autor rim Título do libro (Só aparecen as tres primeiras letras dos apelidos e dos títulos dos libros.) Este libro estaría no estante de literatura-poesía castelá (CDU 8), con Nº de Rexistro 4781. O seu autor sería BECquer, Gustavo Adolfo. O seu título é ”rimas y leyendas”
  • Para encontrar un libro determinado na Biblioteca primeiro buscaríase a materia segundo CDU* e en segundo lugar estaría colocado por orden alfabético do primeiro apelido do autor.

Novas

 

CIFP Porta da Auga

Avda. de Luarca s/n CP27700 Ribadeo (Lugo)

Tfn: 982 128 894 | Correo-e: cifp.portadaauga@edu.xunta.es