Presentación Departamento Edificación e obra civil

Ciclo formativo:

Obras de interior, decoración e rehabilitación (Grado Medio)

Réxime modular en horario de adultos: de 18:00 a 23:00.

Pódese acceder por experiencia laboral e matricularse en módulos soltos.

Neste vídeo podrás ver un resume das ensinanzas que impartimos no Departamento de Edificación e Obra Civíl.

Oferta educativa

Módulos que compoñen o ciclo:

  • Construcción.  (132 horas).
  • Interpretación de planos de construcción (107 horas).
  • Organización dos traballos (70 horas).
  • Formación e orientación laboral (107 horas).
  • Empresa e iniciativa emprendedora (53 horas).
  • Pintura decorativa en construcción (192 horas).
  • Revestimentos continuos (187 horas).
  • Particións prefabricadas (187 horas).
  • Revestimentos lixeiros (123 horas).
  • Sollados alicatados e chapados (192 horas).
  • Teitos suspendidos (132 horas).
  • Anteparos e chans técnicos (107 horas).
  • Formación en centros de traballo (410 horas).

Resumo de cada módulo

Construcción

Estúdanse  as  distintas  tipoloxías  constructivas,  tamén  se  estudia  o que  é, e  de  que  partes  consta  un  proxecto  de  construción. Quenes interveñen  e  que  figuras  están  presentes  nas  obras  de  construción, miranse  as  distintas  fases  das  que  se  compon  unha  obra, dende  a cimentación  ata  seus  remates  finais no  caso  das  obras  de edificación  e  tamén  dentro  da  obra  civil. Asi  mesmo  estudianse todos  os  materiais  que  se  empregan  nas  obras.

Interpretación de planos de construcción

Estudase   como  se  representan  os  elementos  construtivos  e  os distintos  espazos , que  información  nos  facilitan  os  planos  de cimentación  e  estrutura , asi  como  a  información  que  levan  os  que representan  a  envolvente  e  distribución  de  edificios. Que  información  levan  os  planos  de  obra  civil, os  de  instalacións, e como  se  debuxa  e  imprime  con  aplicación  informáticas.

Organización dos traballos

Estudase  toda  a  información  necesaria  para  executar  traballos  de construción,  que  recursos  son  necesarios  para  a  execución  das  distintas unidades  de  obra  que  interveñen  nunha  obra,  como  se  deben  planificar  as  faenas  nas  obras. Tamén  se  elaboran  orzamentos  de  obra, coas  suas medicións, tipos  de  custos, prezos  da  man  de  obra, valoracións. E  que medidas  son  necesarias  en  materia  de  seguridade  e  saude  nunha  obra  de construcción.

Formación e orientación laboral

Legislación  laboral  básica:  contratos,  salarios,  convenios  colectivos  e  seguridade  social. Prevención  de  riscos laborais:  medidas  de  prevención,  equipos  de protección,  obligacions, lexislación,  factores  de  risco  e  primeiros auxilios. Autoorientación  profesional  e  búsqueda  de  empleo:  pautas  para buscar   traballo,  oportunidades  en  Europa,  curriculum  vitae, entrevista  e  formación  dos  equipos  de  traballo.

Empresa e iniciativa emprendedora

Tramites  legais  de  creación  da   empresa. Nocions  básicas  de  xetion  empresarial. Estudo  de  mercado:  coñecemento  do  entorno  das  empresa  da competencia,  dos  posibles  clientes,  etc.

Marqueting  e instrumentos   de  marqueting:  public dade,  promoción  e distribución.

Pintura decorativa en construcción

As  liñas  de  actuación  do  módulo  son:

Organización,  acondicionamento  e  planificación  da  faena  de  obra,  e selección  e  preparación  de  recursos. Acondicionamento  de  superficies  para  traballos  de  pintura. Realización  de  mesturas  de  pinturas,  esmaltes  e  vernices. Aplicación  de  pinturas  decorativas  en  superficies  interiores  e exteriores. Aplicación  de  esmaltes  e  bernices  en  superficies  e  elementos  de construción. A  realización  de traballos  de  acabamento  decorativos  e ornamentacións. Operacións  de  mantemento  e  limpeza  de  equipamentos  de  traballo, ferramentas,  medios  auxiliares  e  zonas  de  actuación. Aplicación  das  normas  de  prevención  de  riscos  laborais  e  de protección  ambiental.

Revestimentos continuos

As l iñas  de  actuación  do  módulo  son:

Organización,  acondicionamento  e  planificación  da  faena  de  obra,  e  selección  e  preparación  de  recursos. Implantación  da faena  que  se  vaia  executar  e  selección  do  tipo  de materiais.  Realización  de  pastas  e  morteiros  coa  dosificación  axeitada.  Preparación  das  superficies  dos  soportes  onde  aplicar  o revestimento  continuo.

 Realización  de  recebos  e  gornecidos  a  boa  vista. Execución  de  revocaduras,  lucidos  e  revestimentos  con  mestras.  Realización  de  revestimentos  especiais  de  illamento, impermeabilización  ou  reparación.  Resolución  de  xuntas,  operacións  de  acabamento  e  tratamentos das  superficies  revestidas. Operacións  de  mantemento  e l impeza  de  equipamentos  de  traballo, ferramentas,  medios   auxiliares  e  zonas  de  actuación. Aplicación  das  normas  de  prevención  de  riscos  laborais  e  de protección  ambiental.

Particións prefabricadas

As  liñas  de  actuación   do  módulo  son:

Organización  da  faena  para  a  construción  de  particións prefabricadas.  Comprensión  da  documentación  técnica  escrita  e  gráfica  relativa  á execución  de  particións  prefabricadas.

Implantación  dos  tabiques  con  placas  de  xeso  laminado.

Coñecemento  do  manexo  da  maquinaria,  a  ferramenta  e  os utensilios  asociados  á  instalación  de  placas  de  xeso   laminado.

Construción  de  estruturas  soporte  para  as  placas  de  xeso laminado.  Colocación  das  placas  sobre  a  estrutura   soporte.

Construción  de  extradorsado  con  placas  de  xeso  laminado.

Medición  e  valoración  dos  traballos  realizados.  Cumprimento  das  normas  de  prevención  de  riscos  laborais  e protección  ambiental.

Revestimentos lixeiros

As  liñas  de  actuación   do  módulo  son:

Organización,  acondicionamento  e  planificación  da  faena  de  obra,  e selección  e  preparación  de  recursos.  Selección  do  revestimento  de  colocación  e  implantación  de elementos.  Colocación  de  rolos,  placas,   pranchas, táboas,  taboleiros,  láminas  e perfís  nos  seus  sistemas.  Traballos  de  resolución  de  cortes,  xuntas  e  elementos  singulares. Operacións  de  mantemento  e  limpeza  de  equipamentos  de traballos,  ferramentas,  medios  auxiliares  e  zonas  de  actuación. Aplicación  das  normas  de  prevención  de  riscos  laborais  e protección  ambiental.

Sollados alicatados e chapados

As  liñas  de  actuación  do  módulo  son:

Organización,  acondicionamento  e  planificación  da  faena  de  obra,  e selección  e  preparación  de  recursos.Selección  de  aparellos  de  colocación  e  a  implantación  de  pezas.  Colocación  de  pezas  de  solados,  azulexados  e  chapados  en diferentes  sistemas. Traballos  de  acabamento  de  superficies,  rexuntamento  e  aplicación de  tratamentos  especiais. Operacións  de  mantemento  e  limpeza  dos  equipamentos  de traballo,  as  ferramentas,  os  medios  auxiliares  e  as  zonas  de actuación.  Aplicación  das  normas  de  prevención  de  riscos  laborais  e protección  ambiental.

Teitos suspendidos

As  liñas  de  actuación  do módulo  son:

Realización  de  teitos  continuos  suspendidos,  con  placas  de  escaiola  e  estrutura  portante  oculta. Realización  de  teitos  continuos  de  xeso  laminado  mediante  perfís ocultos. Realización  de  teitos  suspendidos  desmontables  de placas  ou láminas  con  xuntas  ocultas e  aparentes.

Anteparos e chans técnicos

As  liñas  de  actuación   do  módulo  son:

Organización  das  faenas.  Abastecemento  de  materiais.

Montaxe  de  medios  auxiliares.  Implantación  dos  traballos  que cumpra  executar.  Operacións  de  instalación  de  anteparos,  paneis autoportantes  e  chans  técnicos.  Resolución  de  xuntas,  unións  e acabamentos.  Aplicación  do  plan  de  seguridade.

Saídas profesionais

A persoa que acada a titulación no ciclo formativo de Obras de Interior, decoración e rehabilitación, exerce a sua actividade no sector da construción, en pequenas, medianas e grandes empresas constructoras e Administracions Públicas, xa seña pola sua conta ou nas empresas do sector, desenrrolando traballos de obras de interior e decoración para a construción, rehabilitación, mantenemento e reforma en edificación e obra civil.

Traballos a realizar :

  • Xefe de equipo e/o encargado
  • Aplicador de revestimentos continuos de fachadas.
  • Revocador de construción.
  • Alicatador-solador.
  • Instalador de placa de xeso laminado e de falsos tetos
  • Colocador de prefabricados lixeiros en construción.
  • Colocador de chans lixeiros, en xeral.
  • Colocador de moqueta.
  • Instalador de chans elevados rexistrables.
  • Instalador de sistemas de mamparas e chans técnicos.
  • Pintor e/o empapelador.
  • Pintor de interiores.
  • Pintor decorador de interiores.
  • Pintor de obra.
  • Pintor de fachadas de edificación.

CIFP Porta da Auga

Avda. de Luarca s/n CP27700 Ribadeo (Lugo)

Tfn: 982 128 894 | Correo-e: cifp.portadaauga@edu.xunta.es