COORDINACIÓN DE PROGRAMAS INTERNACIONAIS

O CIFP Porta da Auga ten unha longa tradición na realización de mobilidades Erasmus para a realización de prácticas (FCT) no estranxeiro.

Dende o centro consideramos este tipo de accións como unha magnífica oportunidade para que o noso alumnado poida vivir unha experiencia enriquecedora e desenvolva novas competencias nos ámbitos lingüísticos e profesionais. Do mesmo xeito, consideramos que a participación no Programa Erasmus+, e o desenvolvemento dunha estratexia de internacionalización do noso centro a través do mesmo, tamén poden aportar unha maior calidade á ensinanza que impartimos, xa que nos facilita o acceso a outros contextos educativos e laborais nos que se levan a cabo prácticas profesionais diferentes ás nosas e das que podemos seguir aprendendo para mellorar no que facemos día a día.

Durante os derradeiros anos, dende o noso centro educativo leváronse a cabo diversas mobilidades no marco dos diferentes Programas Erasmus. Participamos nos mesmos a través da elaboración de proxectos propios para a mobilidade de persoas que nos permiten ofrecer, tanto ao noso alumnado como ao noso profesorado, a posibilidade de realizar estadías formativas no estranxeiro . Países como Alemaña, Italia, Malta e Portugal foron algúns dos últimos destinos elixidos polas persoas participantes. 

Na actualidade, dende o CIFP Porta da Auga renovamos recentemente as nosas acreditacións que certifican que somos unha institución avalada para realizar mobilidades Erasmus cun estándar de calidade. Dispoñemos de:

  1. Carta ECHE: para a mobilidade de alumnado e persoal de educación superior (ciclos superiores).
  2. Acreditación VET (KA120): para a mobilidade de alumnado e persoal de ciclos medios e Fp Básica.

Erasmus Policy Statement

DOCUMENTOS DE INTERESE

NOVAS EN PROXECTOS INERNACIONAIS

REMATE DAS MOBILIDADES DO CICLO MEDIO DUAL DE INSTALACIÓNS ELÉCTRICAS E AUTOMÁTICAS

Dende o pasado 20 de novembro, o alumnado do Ciclo Medio Dual de Instalacións Eléctricas e...
Captura de pantalla 2023-11-28 092818
Captura de pantalla 2023-11-28 092515

Contacto