SOLICITUDE DE BECAS PARA O CURSO 2020-21

O vindeiro día 1 de outubro remata o prazo para que o alumnado poida solicitar as becas para o presente curso 2020-2021. O trámite para a súa solicitude realízase a través da páxina web do Ministerio de Educación e de Formación Profesional ao que se pode acceder a través do seguinte enlace:

http://www.educacionyfp.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/estudiantes/becas-ayudas/para-estudiar/formacion-profesional.html

Aquel alumnado que desexe recibir asesoramento para a realización do trámite pode poñerse en contacto co Departamento de Orientación do CIFP Porta da Auga, preferiblemente de xeito telefónico.

Leave a Reply

avatar
  Subscribe  
Notify of