Política de calidade

Centros Integrados de Formación Profesional de Galicia

A Rede de Centros Integrados de Formación Profesional de Galicia, ten un compromiso claro coa calidade, cuxos piares básicos aséntanse nunha formación integral do alumnado que lle facilite a participación activa e responsable como cidadáns. Esta Política de Calidade baséase nuns principios de visión, misión e valores que servirán de marco de referencia para establecer e revisar o Plan estratéxico e os obxectivos de calidade.

Así, a subdirección Xeral de FP de Galicia revisará esta política cando menos unha vez ao ano para poder verificar que se axeita á forma de traballo da Rede de Centros Integrados de Formación Profesional de Galicia.

Nas seguintes iconas amósanse os certificados de calidade vixentes do CIFP Porta da Auga de Ribadeo.

Contacto