WEBINAR DE MARCA PERSOAL E NOVAS HABILIDADES DO MERCADO

O vindeiro día 27 de Outubro, ás 9:30 da mañá, levarase a cabo a celebración do webinar: “Marca persoal e novas habilidades do mercado”. A formación será impartida por Verónica Ramallal (CEO de Pekecha). O webinar está dirixido especialmente ao alumnado do noso centro educativo, pero tamén a todas aquelas persoas alleas ao mesmo que queiran formarse nesta temática e adquirir novas estratexias para afrontar os retos dun mercado laboral competitivo e cambiante. Podes inscribirte a través da seguinte ligazón: www.portadaauga.es/webinars. As prazas son limitadas para as persoas alleas ao centro educativo.