CHARLA FORMATIVA PARA O EMPRENDEMENTO

O pasado día 6 de novembro, María Novo Fernández propietaria do centro de ocio “CON SENTIDIÑO” situado en Ribadeo estivo no noso centro, impartindo unha charla no segundo curso do ciclo superior de educación infantil.

Nesta charla explicou os pasos levados a cabo para poñer en marcha o seu proxecto empresarial, tamén fixo referencia os inconvintes que se atopou para esa posta en marcha, e sobre todo como muller emprendedora destacou a paixón polo seu proxecto e a actitude necesaria para desenvolvelo , máis na actual situación de pandemia

Este proxecto empresarial naceu no viveiro de empresas do CIFP Porta da Auga.

Dende o centro educativo tamén queremos darlle as grazas pola súa disposición a colaborar sempre connosco.

Coordinación de emprendemento do CIFP PORTA DA AUGA.

CONCURSO DÍA DAS BIBLIOTECAS

Dende o equipo de dinamización da Biblioteca organizamos un concurso co galo do día das Bibliotecas, que este ano ten como lema: “Bibliotecas, sempre ao teu carón”. Nesta ocasión organizouse un concurso de fotografía en Instagram que teña como temática ese lema, está aberto á toda a comunidade educativa e para participar só hai que:

  • Publicar unha foto relativa ao lema “Biblioteca, sempre ao teu carón”, no seu perfil persoal de Instagram, etiquetar á biblioteca (@bibliotecacifpportadaauga) e utilizar o #DiaDasBibliotecas.
  • O prazo é ata o 13 de novembro
  • Os premios serán: 1º premio, vale de 60€ en Bis a Bis, 2º premio, vale de 30€ en Bis a Bis.

Unha aperta e grazas de antemán pola vosa atención e participación na dinamización da biblioteca.

AXUDAS ECONÓMICAS PARA A REALIZACIÓN DA FCT (SEGUNDO PRAZO)

Todo o alumnado que teña dereito a percibir unha axuda económica para a realización da FCT no periodo de setembro-decembro de 2020, poderá realizar a solicitude antes do vindeiro día 14 de novembro. O alumnado que opte á mesma deberá rematar obrigatoriamente o periodo de formación en centros de traballo antes do día 31 de decembro do 2020. No caso do alumnado que teña horario flexible con autorización da dirección xeral e remate despois do 31 de decembro de 2020 acollerase á seguinte convocatoria de axudas.

As solicitudes, xunto cos anexos requeridos , serán facilitados ao alumnado por parte do centro educativo onde estean matriculados/as, e só se poderán presentar nese mesmo centro no momento de realizar a FCT.

Máis información no seguinte enlace: http://www.edu.xunta.gal/fp/axudas-fct-2020-resolucion-prazo-1

CONCURSO DESEÑO DE MÁSCARAS

Con motivo do día 25 de novembro, día internaconal contra a violencia de xénero, o CIFP Porta da Auga, así como outros centro educativos da vila, participamos na iniciativa levada a cabo desde o Concello de Ribadeo pola que se convoca un concurso de deseño de máscaras de protección.

Os premios consistirán na obtención dun vale de 50 euros para gastar no comercio local, mais o dereito a estampar o deseño gañador nas máscaras que o CIFP Porta da Auga repartirá entre as persoas que forman parte da comunidade educativa.

Para consultar as bases do concurso premer no seguinte enlace: Bases concurso de máscaras contra a violencia de xénero.