O pasado día 22 de Febreiro acudiu ao noso centro a sexóloga Martina González para impartir unha formación coa que se buscaba afondar no coñecemento da sexualidade das persoas, incidindo especialmente no caso daquelas que por presentar capacidades diferentes ás consideradas como normativas, se atopan moitas veces nunha situación de discriminación social. Profundizar nesta perspectiva perítenos coñecer máis arredor dunha dimensión que é fundamental para as persoas e o seu desenolvemento e, por tanto, sobre a que se deben establecer as intervencións e prácticas profesionais máis respectuosas posibles.
Mes: Febreiro 2021
Probas de acceso a ciclos de grao medio e superior. Orde de convocatoria 2021
Publicada a Orde do 21 de xaneiro de 2021 pola que se convocan probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo para o ano 2021. Acceder a toda a información a través do seguinte enlace: http://www.edu.xunta.es/fp/probas-acceso-ciclos-grao-medio-superior-orde-convocatoria-2021