Visita formativa á empresa “Astilleros del Eo” en Castropol

Este xoves día 20 de outubro o grupo de formación específica en Fabricación e Mantemento de Embarcacións de Fibra fixo unha visita guiada por unha traballadora da propia empresa, e ex alumna do CIFP Porta da Auga,  ás instalacións do estaleiro sito en Castropol, coa finalidade de coñecer o procedemento que alí seguen para a fabricación de diferetes tipos de embarcacións.

 

Formación en autoprotección para o persoal do CIFP Porta da Auga

O pasado xoves día 13 levouse a cabo a formación anual en autprotección destinada tanto ao persoal docente como ao persoal de administración e servizos do CIFP Porta da Auga. Jesús Valencia, do parque de bombeiros de A Coruña foi o encargado de impartir a xornada formativa centrándose en explicar, por unha banda, os procedementos a seguir dentro do protocolo de evacuación en caso de incendio, e por outra, a utilización dun DESA (Desfibrilador Semiautomático), dispositivo que acaba de adquirir o centro.