O alumnado de construción realizou un seminario con teoría e prácticas de pintado con pistola Airless. Unha técnica cada vez mais empregada.
O seu relator foi Carlos Vela, técnico e formador de Pinturas tor.
Nesta actividade formativa de emprendemento os alumnos de 1º e 2º do ciclo superior de Educación Infantil puideron ver e participar no desenvolvemento de diversas técnicas de comunicación e dramatización ,e tamén a elaboración de diversos materiais didácticos e presenciar unha obra íntegra de títeres.
Ditos coñecementos atópanse hoxe en auxe debido á maior demanda de espectáculos e actividades dirixidas a un público infantil.
Adecuación de taller para impartir formación en ISFV (Instalación Solar Fotovoltaica) compatibles coa IRVE (Infraestrutura de Recarga para Vehículos Eléctricos
Rematáronse as instalacións do proxecto de adecuación dos talleres de Electricidade para impartir dous puntos clave nas instalación eléctricas actuais:
Instalacións solares fotovoltaicas para autoconsumo (ISFV)
Instalacións eléctricas nos edificios de vivendas e garaxe comunitario axeitadas para colocar puntos de recarga do vehículo eléctrico (IRVE) no garaxe comunitario do edificio.
No primeiro punto realizouse una ISFV con 18 paneis fotovoltaicos que se colocaron nun lateral do taller nº2 da familia de Transporte e mantemento de vehículos cableándose ata o taller nº4 de Electricidade. Pódese ver un par de vídeos aquí:
https://www.youtube.com/watch?v=DgHTcTGnT5k
https://www.youtube.com/watch?v=LbJmCb2j-Qw
No segundo punto colocáronse dúas centralizacións de contadores alimentadas dende una caixa común de fusibles, de xeito que se poden realizar una simulación das instalacións dos edificios para realizar a alimentación dos puntos de recarga colocados nas prazas de aparcamento dun garaxe comunitario. Deste xeito podemos facelo de dúas maneiras de xeito individual (una vivenda-un punto de recarga) ou de xeito colectivo (varias vivendas para un punto de recarga). Na maqueta realizada pódese realizar a instalación dos dous xeitos escollendo a centralización de contadores que lle pertence.
Unha explicación con figuras desta maqueta podémola ver aquí:
https://www.edu.xunta.gal/centros/cifpportadaauga/aulavirtual/course/view.php?id=562
Para estas instalación o profesor Benito Fernández Rey, xefe de departamento de Electricidade, presentou un proxecto a finais de 2021 que foi premiado xunto con outros 14 centros de secundaria de toda Galicia con 55.000 €.
A dotación ven dada polo Ministerio de Educación e Formación Profesional a través dos fondos Next Generation da UE na convocatoria feita pola Xunta de Galicia.
No enlace que se facilita a continuación aparece unha listaxe das persoas ás que lles foi concedida algunha das bolsas Erasmus do CIFP Porta da Auga para a realización de mobilidades para cursar a FCT no estranxeiro. Do mesmo xeito, tamén se indica que persoas se atopan en situación de reserva, que poderían optar a unha das mobilidades no caso de existir algunha renuncia.
A partir do momento da publicación ábrese un prazo de 5 días hábiles para que as persoas interesadas poidan presentar algún tipo de alegación se o consideran oportuno.
O 2 de decembro do 2022, no CIFP Porta da Auga, realizouse unha formación teórico – practica sobre o sistema envolvente de fachadas SATE da empresa Pulmor. Tivo unha gran acollida nos profesionais do sector coa participación de 35 persoas.
Dende o Departamento de Edificación e obra civil queremos agradecer a participación a tódolos asistentes.
María Novo Fernández, propietaria do centro de ocio infantil “CON SENTIDIÑO”, e antiga usuaria do viveiro de empresas, estivo contando a súa experiencia de emprendemento no 2ºCS Educación Infantil.
Taller dirixido ao alumnado de 2ºCS Educación Infantil
Neste taller traballáronse as distintas ferramentas e recursos creativos que se lles facilita ao alumnado e puxeronnas en práctica de maneira individual, en parexas e grupal, xenerando así ideas de negocio.
Impartida por María (empresa BÉVEL)