Dende o pasado 20 de novembro, o alumnado do Ciclo Medio Dual de Instalacións Eléctricas e Automáticas realizou unha mobilidade para coñecer empresas do sector, ao abeiro do Programa de Mobilidades de FP Dual. Viaxaron a Barcellona Pozzo di Gotto, en Sicilia, de onde acaban de regresar.
O día 21 puideron visitar a empresa La Mora Siciliana s.p.a., co propósito de coñecer procedementos, mantemento e configuración de instalacións automatizadas no sector da insdustria alimentaria.
O 22 continuaron coas visitas a empresas do sector da industria alimentaria, coñecendo a empresa Canditfrucht s.p.a.
Na xornada do 23 o alumnado visitou unha pyme do sector das instalacións eléctricas, Domenico Gitto, para coñecer o seu funcionamento e organización.
O 24 tivo lugar a última visita, neste caso a unha empresa relacionada coa eficiencia enerxética: Energetica Etica di Perlongo Alessandro.
Os días 25 e 26, o alumnado puido aproveitar para realizar visitas de inmersión cultural e lingüística, coñecendo os arredores e visitando o Etna, para regresar finalmente o día 27.