DÍA INTERNACIONAL DO VOLUNTARIADO

Con motivo do Día Internacional do Voluntariado, voluntarias da Cruz Vermella visitaron o centro para falar de oportunidades de voluntariado ao alumnado de 1 FPB de MANVEH e 2 Educación Infantil. Con este último grupo, levaron a cabo unha dinámica do mais divertida.

GAÑADORES DO CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL

Xa temos os gañadores do concurso de postais de Nadal. Para elixir as tres mellores tivemos en conta non só o deseño, senón tamén a mensaxe para demostrarlles aos nosos maiores por que son un referente para os máis novos.
1º premio: Ayoub Rahouani
2º premio: Laura Quiroga
3º premio: Beatriz Loredo

Queremos desexarvos un bo Nadal e un próspero Aninovo en compañía dos vosos seres queridos!
Graciñas a todos/as pola vosa participación.

OBRADOIRO DE EMPRENDEMENTO DE PRODUTOS DE INVESTIMENTO E FINANCIAMENTO DENTRO DO SECTOR BANCARIO

O pasado 14 de decembro, o alumnado de 1° e 2° do CGS de Administración e Finanzas participou nun obradoiro de emprendemento de produtos de investimento e financiamento dentro da banca, da man do Director de Caixabank de Ribadeo, Gonzalo Villafañe Moreno. O alumnado puido coñecer de primeira man os produtos financieiros e condicións bancarias actuais para o investimento e financiamento á hora de emprender, formar parte do mundo laboral ou a nivel particular.

TALLER DE VERNIZADOS E LACADOS CON TURBINA

Na xornada celebrada o día 12, o alumnado do CM de Obras de interior, decoración e rehabilitación, participou nun taller de emprendemento sobre vernizados e lacados con turbina. O monitor realizou prácticas de vernizado e pintado con turbina de calor co alumnado, e puideron ver as distintas posibilidades de traballo con esta máquina. Esta é unha formación adicional á que reciben no módulo, levando a cabo lacados de madeira e ferro, vernizado de madeira e pintado de revestimento de cartón xeso.

TALLER DE EMPRENDEMENTO EN MASAXES INFANTÍS

O martes 12 de decembro visitounos Cristian Martín, socio fundador de “Matronas e Nais”  e profesor de universidade, para ensinarnos a importancia dos primeiros auxilios en lactantes nun taller dirixido ao alumnado de segundo curso do Ciclo Superior de Educación Infantil.

Na profesión para a que se prepara o alumnado nesta titulación, poden existir múltiples tipos de accidentes sobre os que se debe actuar con profesionalidade emáxima rapidez.

Nunha primeira parte da xornada traballáronse técnicas e instrumentos para conseguir unha reacción axeitada ante un accidente co noso futuro alumnado.

Na segunda parte do taller aprendimos a realizar masaxes para bebés e como estes relaxan, crean un vínculo afectivo entre o bebé e o adulto e tamén posúen carácter preventivo ante flatulencias, algo que afecta moito ás nosas criancias debido á súa alimentación.

 

TALLER DE PRIMEIROS AUXILIOS – DEPARTAMENTO DE FOL

🚨🚑 Nestes días o alumnado de primeiros cursos dos ciclos de Xestión Administrativa, Administración e Finanzas, Instalacións Eléctricas e Automáticas, Electromecánica e Mantemento de Vehículos, Automoción e Edificación e Obra Civil, participaron nun taller práctico de emerxencias e primeiros auxilios. Durante a formación, organizada polo departamento de FOL e impartida pola docente do departamento de Servizos Socioculturais e á Comunidade do noso centro, Loida Alcaraz, o alumnado recibiu instrucións fundamentais referidas ao emprego do desfibrilador e a práctica da RCP, entre outras. 🚨🚑

XORNADA DE PRESENTACIÓN INNOVATECH FP

O venres 1 de decembro, profesorado e alumnado do centro acudiu ao CIFP Universidade Laboral á presentación do programa InnovaTech FP, no cal participamos con 3 equipos en 3 retos diferentes. Acompañados do director e da coordinadora de emprendemento, coñeceron de man das empresas os retos aos que se enfrontarán nas vindeiras semanas.

FORMACIÓN EN MANEXO DO DISPOSITIVO DESA E PRIMEIROS AUXILIOS

O pasado 27 de novembro, o equipo directivo, profesorado e persoal do centro recibiron formación en manexo do dispositivo DESA e primeiros auxilios, da man do INSGAPE. Leváronse a cabo prácticas das maniobras de estabilización e posición lateral de seguridade, reanimación cardio-pulmonar (RCP), e diferentes estratexias para resolver atragantamentos, incluída a maniobra de Heimlich. Esta formación interna enmárcase dentro do Plan de Auto-protección do centro, e ten como obxectivo incrementar e renovar os coñecementos en materia de primeiros auxilios.