O venres 1 de decembro, profesorado e alumnado do centro acudiu ao CIFP Universidade Laboral á presentación do programa InnovaTech FP, no cal participamos con 3 equipos en 3 retos diferentes. Acompañados do director e da coordinadora de emprendemento, coñeceron de man das empresas os retos aos que se enfrontarán nas vindeiras semanas.
Día: 18 Decembro, 2023
XXII CONCURSO DE CONTOS INFANTÍS SEN FRONTEIRAS – Otxarkoaga – Bilbao
Convocado o XXII Concurso de contos infantís sen fronteiras, co obxectivo de promover a creación literaria en torno ao conto infantil.
Toda a información aquí: https://txirulakulturtaldea.blogspot.com/2023/11/xxii-concurso-de-cuentos-infantiles-sin.html
Certame Óscar Abril Alegre de relatos para a mocidade
Convócase o XVI certame literario de relatos para a mocidade Óscar Abril Alegre.
Requisitos, dotación, prazo e toda a información na seguinte ligazón: https://grupoliterarioculturalalfambra.blogspot.com/2023/11/xvi-convocatoria-certamen-literario-de.html
III Convocatoria de Axudas Eduardo de Juana á investigación e conservación de aves silvestres
SEO BirdLife ven de publicar a III Convocatoria de Axudas e Becas Educardo de Juana para xoves investigadores no eido da conservación de aves silvestres.
Máis información na seguinte ligazón: https://seo.org/nuevas-becas-para-jovenes-investigadores-y-ayudas-eduardo-de-juana/
CONCURSO DE CARTEIS DE ENTROIDO
O concello de Ermua convoca o concurso de carteis “Carnavales de Ermua 2024”, con participación libre e premio de 500 euros. Pódense enviar propostas ata o 15 de xaneiro.
Bases e máis información aquí: https://www.ermua.eus/es/noticias/cultura-convoca-concurso-carteles-para-carnaval-2024