DÍA INTERNACIONAL DO VOLUNTARIADO

Con motivo do Día Internacional do Voluntariado, voluntarias da Cruz Vermella visitaron o centro para falar de oportunidades de voluntariado ao alumnado de 1 FPB de MANVEH e 2 Educación Infantil. Con este último grupo, levaron a cabo unha dinámica do mais divertida.

GAÑADORES DO CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL

Xa temos os gañadores do concurso de postais de Nadal. Para elixir as tres mellores tivemos en conta non só o deseño, senón tamén a mensaxe para demostrarlles aos nosos maiores por que son un referente para os máis novos.
1º premio: Ayoub Rahouani
2º premio: Laura Quiroga
3º premio: Beatriz Loredo

Queremos desexarvos un bo Nadal e un próspero Aninovo en compañía dos vosos seres queridos!
Graciñas a todos/as pola vosa participación.

OBRADOIRO DE EMPRENDEMENTO DE PRODUTOS DE INVESTIMENTO E FINANCIAMENTO DENTRO DO SECTOR BANCARIO

O pasado 14 de decembro, o alumnado de 1° e 2° do CGS de Administración e Finanzas participou nun obradoiro de emprendemento de produtos de investimento e financiamento dentro da banca, da man do Director de Caixabank de Ribadeo, Gonzalo Villafañe Moreno. O alumnado puido coñecer de primeira man os produtos financieiros e condicións bancarias actuais para o investimento e financiamento á hora de emprender, formar parte do mundo laboral ou a nivel particular.

TALLER DE VERNIZADOS E LACADOS CON TURBINA

Na xornada celebrada o día 12, o alumnado do CM de Obras de interior, decoración e rehabilitación, participou nun taller de emprendemento sobre vernizados e lacados con turbina. O monitor realizou prácticas de vernizado e pintado con turbina de calor co alumnado, e puideron ver as distintas posibilidades de traballo con esta máquina. Esta é unha formación adicional á que reciben no módulo, levando a cabo lacados de madeira e ferro, vernizado de madeira e pintado de revestimento de cartón xeso.

TALLER DE EMPRENDEMENTO EN MASAXES INFANTÍS

O martes 12 de decembro visitounos Cristian Martín, socio fundador de “Matronas e Nais”  e profesor de universidade, para ensinarnos a importancia dos primeiros auxilios en lactantes nun taller dirixido ao alumnado de segundo curso do Ciclo Superior de Educación Infantil.

Na profesión para a que se prepara o alumnado nesta titulación, poden existir múltiples tipos de accidentes sobre os que se debe actuar con profesionalidade emáxima rapidez.

Nunha primeira parte da xornada traballáronse técnicas e instrumentos para conseguir unha reacción axeitada ante un accidente co noso futuro alumnado.

Na segunda parte do taller aprendimos a realizar masaxes para bebés e como estes relaxan, crean un vínculo afectivo entre o bebé e o adulto e tamén posúen carácter preventivo ante flatulencias, algo que afecta moito ás nosas criancias debido á súa alimentación.