Obradoiros sobre educación afectivo-sexual

O mércores 24 de Xaneiro estivo no centro Noelia Moreau, , do Centro de Sexoloxía “Con mucho gusto”.  Impartiu dous obradoiros sobre educación afectivo-sexual: “De bo rollo!” para 1° de FP Básica, e actividades de “Porno(n) Educar” para os grupos de Servizos Socioculturais e á Comunidade, Electricidade e Electrónica, Administración e Xestión, Transporte e Mantemento de Vehículos.
Esta actividade foi proposta e coordinada polo CIM de Ribadeo.

CHARLAS-COLOQUIO SOBRE O PARLAMENTO DE GALICIA

Dentro do programa Charlas-Coloquio sobre o Parlamento de Galicia, e co obxectivo de espallar os valores democráticos entre a xente xove, o alumnado da familia de Administración e Xestión coñeceu o traballo que se realiza no Parlamento da man de tres ex-parlamentarios.
O alumnado participou da charla- coloquio formulando preguntas relacionadas co seu percorrido político e a súa experiencia parlamentaria.

Publicada a convocatoria das probas para a obtención do título de graduado en ESO para maiores de 18 anos

Publicada a Resolución do 27 de xaneiro de 2023, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se convocan as probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de dezaoito anos nas convocatorias de maio e setembro, e se ditan instrucións para a súa realización (código de procedemento ED540A).

Os prazos de presentación de solicitudes de inscrición nas probas serán:

Para a primeira convocatoria: do 5 ao 21 de febreiro de 2024, ambos os dous incluídos.

Para a segunda convocatoriado 8 ao 19 de abril de 2024, ambos os dous incluídos.

 

https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/anunciog0655-040124-0001_gl.pdf

DÍA DA PAZ: 30 DE XANEIRO.

O próximo día 30 de xaneiro o centro conmemorará o Día da Paz e para iso entre outras actividades vaise elaborar un mural con mensaxes pacifistas.

Escolle unha frase dalgún premiado co Nobel da Paz, escríbea en galego co autor da cita e deposítaa na caixa habilitada da biblioteca.

Data límite: 26 de xaneiro

PROBAS DE ACCESO A CICLOS FORMATIVOS DE GRAO MEDIO E SUPERIOR

Ven de ser publicada a Orde do 21 de decembro de 2023 pola que se regulan as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo, e se convocan para o ano 2024 (códigos de procedemento ED312C e ED312D).

Prazo de presentación de solicitudes:

  • Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio: O prazo de presentación de solicitudes estará abranguido entre os días 26 de febreiro e 8 de marzo de 2024, ambos os dous incluídos.
  • Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior: O prazo de presentación de solicitudes estará abranguido entre os días 29 de xaneiro e 9 de febreiro de 2024.

As probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e superior teñen por finalidade permitir ás persoas que non posúan o título de graduado en educación secundaria obrigatoria nin un título profesional básico, (para acceso a ciclos medios) ou o título de bacharelato ou título de técnico profesional (nocaso dos ciclos superiores), nin outros estudos equivalentes para os efectos de acceso, continuar a súa formación accedendo aos ciclos formativos de formación profesional de grao medio e superior, nunhas condicións suficientes para cursaren con aproveitamento estas ensinanzas.