O luns 29, o alumnado do Ciclo Medio Dual de Instalacións Eléctricas e Automáticas asistiu a unha charla coa empresa EMERXE, na que se´abordaron conceptos técnicos de enerxía solar fotovoltaica, tendencias actuais do sector e normativa.
Día: 30 Xaneiro, 2024
Charla programa “A ponte entre o ensino medio e a USC”
O pasado martes 23 de xaneiro, recibimos no centro a Javier López González, profesor da USC no Campus de Lugo, para impartir unha charla dentro do Programa “A ponte entre o ensino medio e a USC”. Asistiu o alumnado de 2º CS Educación Infantil.
Obradoiros sobre educación afectivo-sexual
O mércores 24 de Xaneiro estivo no centro Noelia Moreau, , do Centro de Sexoloxía “Con mucho gusto”. Impartiu dous obradoiros sobre educación afectivo-sexual: “De bo rollo!” para 1° de FP Básica, e actividades de “Porno(n) Educar” para os grupos de Servizos Socioculturais e á Comunidade, Electricidade e Electrónica, Administración e Xestión, Transporte e Mantemento de Vehículos.
Esta actividade foi proposta e coordinada polo CIM de Ribadeo.