CHARLA/TALLER SOBRE O MERCADO DE VALORES

O pasado 11 de decembro, o alumnado de 1° e 2° do CGS de Administración e Finanzas asistiu a unha charla-taller sobre o Mercado de valores  impartida polo trader Francisco Vázquez.


O alumnado viviu en directo como se realizan operacións scalping en trading ao comprar e vender futuros financieiros. Adquiriron coñecementos de análise de gráficos, indicadores máis empregados e estratexias á hora de operar en Bolsa.

VISITA AOS XULGADOS DO SOCIAL DE LUGO

O pasado 19 de decembro o alumnado de Administración e Finanzas e de Xestión Administrativa realizou unha visita programada polo departamento de Administrativo aos Xulgados do Social de Lugo.


Tratouse dunha xornada moi produtiva donde docentes e alumnado seguiron con moito interese as vistas celebradas no Xulgado n° 2 de Lugo.

Queremos agradecer a boa acollida que tivemos a todo o persoal que alí traballa.