O pasado 12 de marzo, dentro do programa Eduemprende Actúa, levouse a cabo a actividade CHAVES PARA UNHA BOA COMUNICACIÓN, na cal se destacaron como factores importantes o obxectivo da comunicación segundo diferentes características, apoiándose na linguaxe non verbal e intentando unha comunicación asertiva respectando á parte receptiva.
Tamén se fixo mención nesta actividade a unha serie de pautas xerais para unha boa comunicacion no relativo á expresión corporal, postura, movementos, dirección da mirada, etc.
Mes: Marzo 2024
CHARLA VEHÍCULOS HÍBRIDOS E ELÉCTRICOS
O pasado 27 de febreiro tivo lugar unha charla sobre os vehículos híbridos e eléctricos e a situación do sector con respecto á crecente electrificación do parque automobilístico. O enxeñeiro David Alonso abordou a importancia da formación para estar ao día na electrificación do automóbil no presente e no futuro, e a liña de negocio que se lle abre ao alumnado ao estar formado nestas novas tecnoloxías.
A sociedade cada vez vai a demandar técnicos/as cualificados/as nesta tecnoloxía, persoal que a día de hoxe practicamente é inexistente.
ACTIVIDADE DE PROCURA ACTIVA DE EMPREGO
O pasado día 22 de febreiro tivo lugar no salón de actos do centro unha actividade adicada á procura activa de emprego, organizada dende a Coordinación de Emprendemento. Nesta actividade tratáronse diversos aspectos como a necesidade da elaboración dun proxecto profesional individual tendo en conta a análise do sector profesional correspondente. A busca de emprego debe ser activa e planificada, adaptando o currículo a cada empresa. Analizáronse diversos recursos para a procura de emprego: bolsas de emprego, ETTs, portais de emprego, apps de buscade emprego, ofertas de emprego público ,etc.
Premio Xohana Torres de ensaio, investigación e creación audiovisual
Premio Xohana Torres de ensaio, investigación e creación audiovisual
Traballo sobre as mulleres na sociedade galega con dos premios de 2.500 €
Datas, bases, e máis información no BOP da Coruña do 1 de marzo de 2024
Certame LINGUA DE NAMORAR 2024
LINGUA DE NAMORAR 2024
Certame de declaracións de amor.
Premios, bases e máis información aquí:
Convocatoria do concurso Eduemprende Idea 2024
Convocado o concurso Eduemprende Idea 2024.
Este concurso está dirixido ao alumnado das ensinanzas de formación profesional, deportivas ou de artes plásticas e deseño sostidas con fondos públicos e pretende promover a realización de proxectos empresariais.
O concurso organízase en colaboración coa Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e comprende dúas modalidades:
- Modalidade A: ciclos de grao superior.
- Modalidade B: ciclos de grao medio.
Premiaranse os tres mellores proxectos en cada modalidade con 3.000, 2.000 e 1.000 euros, respectivamente.
A participación terá que ser en grupo, formado por un mínimo de dúas persoas e un máximo de catro.
O prazo para participar estará aberto ata o vindeiro 31 de maio.
Charla AFAN: Asociación de Familiares de Persoas con Alzheimer de Burela
O pasado mércores 28 de febreiro, Gema Fernández, psicóloga de AFAN, Asociación de Familiares de Persoas con Alzheimer de Burela, achegouse ao centro a falar dos distintos tipos de demencias e do traballo que fan na Asociación ao alumnado de 1º APSD.