CHARLA VEHÍCULOS HÍBRIDOS E ELÉCTRICOS

O pasado 27 de febreiro tivo lugar unha charla sobre os vehículos híbridos e eléctricos e a situación do sector con respecto á crecente electrificación do parque automobilístico.  O enxeñeiro David Alonso abordou a importancia da formación para estar ao día na electrificación do automóbil no presente e no futuro, e a liña de negocio que se lle abre ao alumnado ao estar formado nestas novas tecnoloxías.

A sociedade cada vez vai a demandar técnicos/as cualificados/as nesta tecnoloxía, persoal que a día de hoxe practicamente é inexistente.

ACTIVIDADE DE PROCURA ACTIVA DE EMPREGO

O pasado día 22 de febreiro tivo lugar no salón de actos do centro unha actividade adicada á procura activa de emprego, organizada dende a Coordinación de Emprendemento. Nesta actividade tratáronse diversos aspectos como a necesidade da elaboración dun proxecto profesional individual tendo en conta a análise do sector profesional correspondente. A busca de emprego debe ser activa e planificada, adaptando o currículo a cada empresa. Analizáronse diversos recursos para a procura de emprego: bolsas de emprego, ETTs, portais de emprego, apps de buscade emprego, ofertas de emprego público ,etc.

Premio Xohana Torres de ensaio, investigación e creación audiovisual

Premio Xohana Torres de ensaio, investigación e creación audiovisual

Traballo sobre as mulleres na sociedade galega con dos premios de 2.500 €

 

Datas, bases, e máis información no BOP da Coruña do 1 de marzo de 2024

http://santiagodecompostela.gal/medi/departamento/atencion_cidadan/Muller/Premio_Xohana_Torres/Ano_2024/Convocatoria_BOP_1.03.2024.pdf

Convocatoria do concurso Eduemprende Idea 2024

Convocado o concurso Eduemprende Idea 2024.

Este concurso está dirixido ao alumnado das ensinanzas de formación profesionaldeportivas ou de artes plásticas e deseño sostidas con fondos públicos e pretende promover a realización de proxectos empresariais.

O concurso organízase en colaboración coa Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e comprende dúas modalidades:

  • Modalidade A: ciclos de grao superior.
  • Modalidade B: ciclos de grao medio.

Premiaranse os tres mellores proxectos en cada modalidade con 3.000, 2.000 e 1.000 euros, respectivamente.

A participación terá que ser en grupo, formado por un mínimo de dúas persoas e un máximo de catro.

O prazo para participar estará aberto ata o vindeiro 31 de maio.

Ligazón á Orde da convocatoria