O alumnado de 2º curso do Ciclo Medio en Atención a Persoas en Situación de Dependencia realizou prácticas de colocación de EPI.






O pasado 8 de abril tivo lugar na Biblioteca do centro a charla de Manuel Rivero titulada “Aurora Sampedro, a científica da Mariña adiantada ao seu tempo”. Unha actividade promovida pola Biblioteca e a Comisión de Igualdade para dar a coñecer a figura desta científica referente da contorna.
O pasado 3 de abril Ramón Peña achegouse ao noso centro para impartir unha charla sobre ciberseguridade na que nos deu recomendacións para facer unha navegación segura por internet, así como un uso seguro e axeitado dos nosos dispositivos.