PARTICIPACIÓN NO PLAN PROXECTA+- NATURÉZATE

No pasado mes de xaneiro, alumnado de APSD e Educación Infantil participou na actividade “Voando no inverno” dentro do programa Naturézate do Plan Proxecta +.
Nesta xornada realizouse un percorrido pola costa e ría de Ribadeo, analizando os ecosistemas e observando a diversidade de aves invernantes.
Así, poñemos en valor a biodiversidade do concello, tanto como recurso educativo coma turístico e de lecer.

DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

Con motivo do Día Mundial do Medio Ambiente, o alumnado de FP básica de Mantemento de Vehículos e APSD realizou un roteiro guiado polo Monte da Fraga do campus da UDC, durante o cal aprenderon sobre diversas medidas de sustentabilidade.

Tamén realizaron un picnic preparado por eles mesmos no Monte de San Pedro e visitaron o Centro de Atención a Persoas con Diversidade.

Actividade de emprendemento: A PROCURA DE EMPREGO: INSERCIOÓN LABORAL

O pasado 21 de maio tivo lugar a actividade A PROCURA DE EMPREGO: INSERCIÓN LABORAL, impartida por Rafa da Fundacion Ronsel da Coruña.

Participou o alumnado de 1º CM APSD e 1º CS EI, realizando dinámicas individuais e dinámicas grupais de simulacións de entrevistas de traballo, analizando a importancia da comunicación verbal e non verbal e poñéndoas en práctica, tendo en conta o contacto visual e a posición de mans e pernas.

 

PERCORRIDO POLO PATRIMONIO HISTÓRICO-CULTURAL DE RIBADEO

O pasado venres 31 de maio, grazas ao programa “O cole cos colexios”, o alumnado de 1º e 2º de FPBMV fixo un roteiro para coñecer mellor o patrimonio histórico-cultural de Ribadeo.
Partimos da praza de España, e chegamos até a capela da Atalaia. Ao longo do percorrido, a guía turística foi explicando moitos detalles interesantes do Ribadeo Ilustrado, época de maior auxe económico, onde chegou a ser un dos portos máis importantes do Cantábrico. Tamén puidemos aprender que o nome do noso CIFP “Porta da Auga” procede dunha das catro portas da antiga muralla que rodeaba a vila.

CP INNOVA: PRÁCTICAS NO NOVO LABORATORIO- 1º FP BÁSICA

O alumnado de 1º de FP Básica de Mantemento de Vehículos participou este curso nos Contratos Programa CP Innova poñendo en marcha un laboratorio de ciencias e realizando diferentes prácticas relacionadas co módulo Ciencias Aplicadas I. Este vídeo resume algunhas delas. O novo laboratorio será empregado tanto nos ciclos básicos coma no CM de Atención a Persoas en Situación de Dependencia.

FAI PARIDADE

O alumnado do centro participou con esta peza audiovisual no Concurso de Reels pola Igualdade da Asociación Cultural Ollomao de Barreiros. Rachemos cos estereotipos, fagamos paridade.    

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

Visita o centro, coñece as instalacións e os diferentes ciclos ofertados para o curso 24/25.

Os horarios para as visitas son os seguintes:

  • MARTES 25: de 10h a 13h
  • MÉRCORES 26: de 10h a 13h/ de 18h a 21h