PRÁCTICAS EN VERONA-ITALIA: C.S. EDUCACIÓN INFANTIL

Sara e Micaela, alumnas do Ciclo Superior de Educación Infantil, remataron o curso participando nun proxecto de mobilidade dentro do programa Erasmus+  KA 131 2022.

Viaxaron a Verona (Italia), onde grazas ao convenio coa Comune de Verona e a escola infantil – nido de infancia “Girotondo” Ponde Florio, desenvolveron as súa Formación en Centros de Traballo.

Puideron gozar da experiencia no estranxeiro e coñecer metodoloxías aplicadas á educación de 0 a 3 anos neste país. Puxeron en práctica os seus coñecementos deseñando propostas de actividades e traballando cun grupo de nenos e nenas durante este período.

ERASMUS+ CICLO SUPERIOR EDUCACIÓN INFANTIL

Ao longo dos tres últimos meses do curso, a alumna Ana Valea Fuente participou nun dos proxectos Erasmus+ de Educación Superior que xestiona o CIFP Porta da Auga (KA 131 2022).
 
Ana realizou as prácticas correspondentes ao Ciclo Superior de Educación Infantil nunha escola infantil pública do concello de Verona, en Italia, país recoñecido pola calidade do seu sistema educativo infantil e a aplicación de metodoloxías innovadoras. O convenio realizouse coa Comune de Verona, e a alumna realizou as prácticas en centros de traballo no Nido “Il Quadrifoglio” San Massimo.
 
Durante o período da súa mobilidade, Ana analizou as características do centro educativo e da contorna, as metodoloxías empregadas, o grupo asignado, espazos, materiais, etc. E, por suposto, puxo en práctica os seus coñecementos a través dun proxecto educativo para un mes dirixido aos nenas e nenos de 0 a 3 anos.

PRÁCTICAS ERASMUS+ 2º APSD

Durante os meses de abril, maio e xuño, o alumno Kevin López Orosa, como beneficiario dunha beca Erasmus+ dentro do proxecto KA-122 2023 que xestiona o centro, realizou a Formación en Centros de Traballo en Portugal, grazas ao convenio establecido co Centro Paroquial de Arcozelo.

No centro de día desta localidade, Kevin puido poñer en práctica os coñecementos adquiridos no CM de Atención a Persoas en Situación de Dependencia, ademais de adquirir competencias lingüísticas noutros idiomas e gozar da experiencia e da estancia no país veciño.