As nosas profesoras Marta, Fina, Rosa e Maritoni, na súa mobilidades de Job Shadowing en Malta, visitaron o centro educativo de Secundaria e a Escola Infantil St. Catherine’s High School-A class Academy para coñecer o sistema educativo maltés e as metodoloxías de traballo co alumnado.
Tamén visitaron empresas onde había alumnado de Erasmus de cara á posibilidade de futuras mobilidades para o noso alumnado:
– Distribuidora de viños españois.
– Aluguer de vehículos.
– Axencia de aluguer de inmobles.
– Servizos de excursións de viaxes de turismo.
Día: 29 Xullo, 2024
JOB SHADOWING EN CROACIA
por Admin
No día de hoxe amosámosvos unhas imaxes que demostran que no CIFP Porta Da Auga non deixamos de formarnos para ofrecer a mellor formación profesional ao noso alumnado.
Neste caso, a formación do noso profesorado foi tan diversa que traspasou fronteiras. A docente Alba Fernández Folgueira, do departamento de FOL, viaxou a Croacia para coñecer o sistema educativo deste país en varios centros de formación profesional.
📍 A primeira parada fíxoa na cidade de Zadar, onde visitou un centro especializado na aréa de Economía e Administración. 💻💰🧰
📍Logo, continuou a formación en Zagreb. Un centro da capital croata punteiro no sector tecnolóxico, onde puido aprender máis sobre o sistema educativo de Croacia e coñeceu as maravillosas instalacións do mesmo. Este centro conta cunha serie de proxectos punteiros na educación profesional de Europa. Tamén recibiron varios premios por todo o mundo a través das CroatiaSkills. 📡 🔬
Estamos segur@s de que todo o aprendido nesta viaxe será de gran proveito para o futuro das nosas alumnas e alumnos! 👏🏼
PRÁCTICAS EN EMPRESA EN ITALIA: CICLO SUPERIOR DE AUTOMOCIÓN
por Admin
Brais Mercader, alumno do Ciclo Superior de Automoción, puxo en práctica os seus coñecementos durante o módulo de Formación en Centros de Traballo nunha estadía en Italia, concretamente en Quingentole, na rexión de Mantua.
Na empresa Luigi Moreschi Motorsport SRL, realizou tarefas propias deste ciclo, e outras asociadas á empresa especializada no mantemento e preparación de vehículos de competición.
MOBILIDADE ERASMUS CB SERVIZOS ADMINISTRATIVOS
por Admin
Nos derradeiros meses deste curso 23/24, Ayoub, alumno do Ciclo Básico de Servizos Administrativos, realizou o módulo de Formación en Centros de Traballo en Barcelos (Portugal) grazas ao proxecto Erasmus KA 121 2023 que xestiona o centro e ao convenio establecido coa Asociación Amigos das Mobilidades. Nas estancias desta última, Ayoub puido poñer en práctica os coñecementos adquiridos ao longo dos dous últimos anos e realizar tarefas administrativas nas súas dependencias, ademais de somerxerse no idioma e na cultura do país veciño.