COMO PRESENTAR PROXECTOS EN PÚBLICO PARA EMPRENDER

O día 11 de decembro, Fernando Rodríguez De la Torre da axencia de publicidade “Con C de comunicación” de Santiago de Compostela, impartíu a formación “COMO PRESENTAR PROXECTOS EN PÚBLICO PARA EMPRENDER”, onde tratou diversos aspectos tales como: ter en conta o público ao cal imos facer a presentación, a forma de comunicar ese proxecto (contacto visual, expresión facial e postura corporal), tendo en conta as partes da presentación do proxecto (introdución, desenvolvemento e peche) e, por último, ter en conta as pautas xerais do deseño.

Formación de seguros para emprender

O día 10 de decembro compartimos con MAPFRE Seguros, un espazo cheo de aprendizaxe e de consellos prácticos sobre como os seguros nos poden brindar tranquilidade e seguridade en cada unha das etapas das nosas vidas.

A charla foi impartida polo Xefe de Formación da Dirección Xeral Territorial Noroeste, Julio Arias De la Calle, e o director da oficina de MAPFRE en Ribadeo, Xosé María Rañón Peceux. Agradecemos a todos os asistentes e poñentes por facer un éxito deste evento.

Taller de emprendemento: “Reparación de vehículos eléctricos”

O día 9 de decembro celebrouse no salón de actos do CIFP Porta da Auga o taller de emprendemento: “Reparación de vehículos eléctricos”, ao cal asistiu o alumnado do Ciclo Superior de Automoción, de Sistemas Electrotécnicos e Automatizados, así como os do curso de especialización de grao superior de Mantemento e seguridade en sistemas de vehículos híbridos e eléctricos.

Neste taller vimos que partes podemos reparar nos vehículos eléctricos nos talleres multimarcas, o cal é unha forma de negocio moi importante, para o que se precisa unha formación que nos distinguirá do resto dos profesionais da reparación do automóvil, o que conleva unha mellora sustancial nos emolumentos a cobrar.

Taller de emprendemento de análise de inversións

Hoxe, o alumnado e profesorado dos Ciclos Formativos da familia de Administración e Xestión, tivemos o pracer de asistir ao taller de emprendemento e análise de inversión impartido por Omar Rodríguez Cabaleiro, asesor de Banca Persoal, onde se falou sobre os distintos tipos de produtos de pasivo bancarios e como dar os primeiros pasos no mundo do investimento tendo en conta os obxectivos financieiros e o perfil de risco.

O futuro financiero comeza hoxe! Grazas ao alumnado e profesorado polo seu interese e participación activa. Estamos seguros de que están dando os primeiros pasos cara unha xestión intelixente das súas finanzas.

Celebración do día internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres

O 25 de novembro conmemoramos no centro o día internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres.

As actividades que se realizaron foron: lectura dun manifesto contra a violencia, e unha actividade centrada nunha análise musical de cancións que, ou ben normalizan a violencia de xénero, ou ben empoderan ás mozas na súa loita.