Este pasado mércores 14 de maio, o alumado do Ciclo Formativo de grao superior de Automoción, xunto cos equipos docentes de FOL e automoción, tivemos o privilexio de realizar unha visita guiada ás instalacións da empresa Estaleiros Gondán S.A. instalado no municipio de Figueras. Trala recepción por parte do persoal do Departamento Comercial, Seguridade e Saúde, expuxeron a súa historia e proxección profesional ao longo do seu centenario, dende os comenzos como constructores de naves de madeira, pasando nos anos setenta do pasado século á construción en aceiro e recentemente na última década realizando embarcacións de fibra. Unha empresa familiar que ao longo destes 100 anos apostou por este enclave, xerando emprego directo e indirecto e riqueza na contorna. Amosaron as súas instalacións, vimos a ampliación que están a acometer nas gradas para futuros barcos de maior eslora, amosáronnos os dous barcos nos que están a traballar, ensamblando os módulos previamente fabricados. Realizamos una visita guiada polo seu barco xa rematado, que entregan esta mesma semana, con bandeira de Noruega, de 80 metros de eslora. O “AUSTRI ENABLER” e un laboratorio flotante, que contribuirá a mellorar os aeroxeradores nos parques mariños. Cunha tecnoloxía punteira, e con un coidado exquisito no deseño, ergonomía e acabamentos. Por último, visitamos as instalacións onde se corta, mecaniza e soldan cada un dos módulos que no seu conxunto forman a nave. Vimos parte do proceso dende que recepcionan una lámina de metal ata que acaba formando parte da embarcación, pasando por mecanizados, pregados, soldadura e pintura. Dende o CIFP Porta da Auga, so nos resta agradecer a oportunidade de abrirnos as súas portas e amosar o esmero e ben facer das cousas. A por outros cen anos mais cheos de éxitos.