Visita ao Espazo educativo e de Lecer María Miramontes (Ludoteca) e a Escola Infantil Semente Compostela

O alumnado dos ciclos formativos de Técnico Superior en Educación Infantil e de Animación Sociocultual visitamos hoxe en Santiago o Espazo educativo e de Lecer María Miramontes (Ludoteca) así como a Escola Infantil Semente Compostela (Escola de ensino do galego, e iniciativa impulsada por Anxel Casal parella de Maria Miramontes).
Achegámonos así a recursos nos que observar na práctica os contidos da aula e poder exercer nun futuro a nosa práctica profesional.

Exposición polo Día Internacional do Neno 2025

No Porta Da Auga seguimos conmemorando o Día Internacional dos Dereitos do Neno. Hoxe presentamos unha exposición na que o grupo de infantil explica con fotos o que é xogar para cada un deles e datos sobre a situación das nenas e nenos no mundo. Seguimos creando conciencia!

Recunchos para visibilizar os dereitos da infancia

Co gallo de conmemorar o día da infancia na semana do 20N leváronse a cabo varias actividades. Tratouse dunha dinámica coa que achegar a toda a comunidade educativa novas impactantes sobre dereitos da infancia vulnerados.

Con tal fin, o día 20 de novembro rematamos ACF cunha xornada na que o alumnado do centro foi convidado a visitar os recunchos cos que o alumnado de Educación Infantil tratou de visibilizar algúns destes dereitos.

Visita a UROVESA

Os alumnos do CIFP Porta da auga, de primeiro e segundo curso de electromecánica de vehículos, visitan acompañados dos seus profesores, as instalacións da empresa UROVESA, empresa galega líder na fabricación de vehículos 4×4 militares e vehículos especiais.
Alí puideron ver a cadea de producción do seu recoñecido vehículo táctico: o URO VANTAC.

Saúde e emerxencias – Adiccións zero Ribadeo

Hoxe 11 de novembro no CIFP “Porta da Auga” o alumnado de Básica de Automoción e de Servizos administrativos participaron na actividade “Saúde e emerxencias” impartido dende Adiccións Zero Ribadeo aprendendo sobre as drogas, intoxicacións etílicas, nocións básicas de socorrismo, como realizar unha reanimación cardiopulmonar, como usar un desfibrilador, etc.

Ligazón a Instagram

 

Visita SKILLS 2025

O alumnado de 1º de CB Mantemento de vehículos, 1º CM Electromecánica, 1º CS Automoción, 2º Dual Intensiva de Instalacións eléctricas e automáticas e CS Modular de Sistemas electrotécnicos e automáticos visitou a competición de SKILLS 2025 en Silleda o 29 de outubro deste ano.