Produtos Financeiros: Aforro e investimento

 

Onte o alumnado e profesorado da familia de Administración e Xestión tivemos o pracer de asistir a charla de produtos financeiros impartida por Omar Rodríguez Cabaleiro, asesor de Banca Persoal. Nela falouse sobre a importancia do aforro e produtos de investimento tendo en conta os obxectivos financeiros e o perfil de risco.

O futuro financeiro comeza hoxe!

Grazas ao alumnado e profesorado polo seu interese e participación activa. Estamos seguros de que se van a dar os primeiros pasos cara a unha xestión intelixente das súas finanzas.

Sesións formativas da “Gira Jóvenes Coca-Cola”

Estase levando a cabo a formación de Itinerario Gira Jóvenes Coca-Cola co alumnado de 2ºCS de Educación Infantil. Este plan formativo consta de 2 sesións presenciais de 5 horas cada unha os dÍas 15 e 16 de decembro; nestas formouse ao noso alumnado en habilidades persoais, traballo en equipo e colaborativo, aptitudes emprendedoras, obxectivos sostibles, emprendemento social, etc.; así como a visualización de diversos exemplos de dito emprendemento. O resto da formación impartirase en xaneiro e febreiro e constará de 4 sesions online de 2 horas cada unha.

Charlas da Fundación Edes, Aspanaes e Enki polo Día Internacional da Discapacidade

Co gallo da conmemoración do Día internacional das persoas con discapacidade, o 10 de decembro, contamos coa visita de 3 entidades Fundación Edes, @edesfundacion , Aspanaes @aspanaes e Enki @enki_proyecto
Estas charlas mostráronnos a realidade de distintos colectivos e permitíronnos non só aprender, senón tamén comprender as necesidades e desafíos aos que se enfrentan e como podemos apoialos coma futuros profesionais e membros dunha sociedade máis inclusiva.
Démonos conta que as dificultades coas que se atopan non están moitas veces neles mesmos, senón no contorno no que se desenvolven, tanto por barreiras arquitectónicas e comunicativas, coma polos nosos propios prexuízos.

TALLER PRIMEIROS AUXILIOS

O pasado día 9 de decembro o departamento de FOL organizou en horario de tarde un taller de primeiros auxilios «SEGURIDADE E SAÚDE + CERCA DA ESCOLA» para o alumnado dos ciclos formativos de horario de tarde. O taller foi impartido pola Fundación Laboral da Construcción e nel analizáronse varios riscos: caídas do mesmo e distinto nivel, golpes e cortes con obxetos e ferramentas, manipulación de cargas, axentes físicos e químicos, factores psicosociais, etc.

O obxectivo deste taller foi concienciar ao alumnado de utilizar as medidas de prevención e protección para evitar os accidentes laborais e as enfermedades profesionais.

3 de DECEMBRO – Día Internacional das Persoas con Discapacidade

O 3 de decembro, Día Internacional das Persoas con Discapacidade, o CM de Atención a Persoas en Situación de Dependencia únese a iniciativa «Baixo o mesmo paraugas», xunto con máis de 100 organizacións de Galicia para visibilizar a realidade deste colectivo e defender os seus dereitos e a súa inclusión en tódolos ámbitos da vida.
Para continuar con esta conmemoración o próximo mércores día 10, 3 colectivos de personas con dependencia en diferentes ámbitos desplazaranse ao noso centro para presentarnos a súa actividade:

  • discapacidade intelectual, Fundación Edes
  • autismo, Aspanaes, e
  • discapacidade física, Enki

Novembro: mes da ciencia en galego

Co gallo da conmemoración do Mes da Ciencia en Galego, o EDLG, coa colaboración do profesor de Ciencias Aplicadas, promoveu a participación do alumnado de 2º FPB de Servizos Administrativos e de 2º FPB de Mantemento de Vehículos nunhas videoconferencias, en
galego,dos científicos Marta Vila e Ángel Carracedo.
Estas videoconferencias foron organizadas por Igaciencia, a Institución Galega da Ciencia.