A semana pasada o alumnado de primeiro do ciclo medio de Atención a persoas en situación de dependencia e do ciclo superior de Animación sociocultural e turística colaboraron coas persoas usuarias do Centro de día A Concordia de Ribadeo, nunha actividade interxeracional elaborando unhas cortinas de macramé para o propio Centro. Contamos coa colaboración e asesoramento de Jimena, experta na materia, de Raíces Nómadas.
Mes: Xaneiro 2026
Visita á empresa Jim Sports
O alumnado da familia profesional de Administración e Xestión visitou as instalacións da empresa Jim Sports en Palas de Rei.
Jéssica Barreiro, directora de Comunicación, explicou o holding empresarial, as ferramentas que utilizan no día a día e visitaron o almacén a fábrica de sublimación, o depósito aduanero e o ximnasio.
Unha experiencia moi satisfactoria na que os contidos didácticos das aulas se poden ver na práctica profesional.
Charla para a Xestión e Resolución de Conflictos
Dentro do plan EDUEMPRENDE, levouse a cabo co alumnado dos primeiros cursos de formación básica o programa ACTUA coa actividade de XESTIÓN E RESOLUCIÓN DE CONFLICTOS. A través de dinámicas grupais e xogos de rol recoñeceron os distintos tipos de conflictos e as súas fases, entenderon as causas comúns en contornas de traballo, aprenderon recursos para converter conflictos en oportunidades de mellora e aplicaron técnicas de comunicación efectiva.
Seguridade nas finanzas
Esta semana levouse a cabo a sesión de Seguridade nas finanzas dentro do programa Eduemprende.
A sesión foi impartida pola directora da oficina do Banco Santander de Ribadeo ao alumnado do1°CMXA e 1CSAF, co obxectivo de conciencialos sobre a seguridade financeira, promovendo prácticas responsables para protexer o seu diñeiro á hora de facer compras online, de invertir, evitar fraudes, etc.
Visita de Ana Meilán
O pasado día 20 de xaneiro o equipo de dinamización lingüística xunto co da biblioteca e o departamento de servizos á comunidade organizaron unha actividade na que a poñente Ana Meilán, escritora de literatura infantil lucense, veu a impartir un taller de contacontos para todo o alumnado do ciclo de Educación Infantil.
Taller de Procura de Emprego
No CIFP Porta da Auga tivo lugar un TALLER DE PROCURA DE EMPREGO, impartido por Verónica Rodríguez Ruzo da axencia promove de Santiago de Compostela. Este taller foi impartido a todos os segundos cursos deste centro educativo. Nel tratáronse diversos aspectos xerais de procura de emprego, así como aspectos específicos para cada familia profesional como: listas sergas, listas escolas infantiles, diversas oposicións segundo o perfil profesional, etc.
Programa de formación Innovatech FP
O lunes 12 de xaneiro celebrouse no noso centro unha actividade de formación do Programa Innovatech FP, á que asistiron grupos que participan no programa de centros de A Mariña (CIFP Porta da Auga de Ribadeo, IES Monte Castelo de Burela e IES María Sarmiento de Viveiro)
A actividade consistía en presentar e poñer en práctica técnicas de creación de ideas para afrontar os distintos retos plantexados polas empresas que participan no programa Innovatech FP 25-26.
Falamos de Emprendemento
O CIFP Porta da Auga acolleu a segunda edición do ciclo de charlas da FCAM sobre o futuro laboral na Mariña
O noso salón de actos encheuse para escoitar a Iván Marrube (Reyco) e Roberto Ramos (BeOne), que compartiron co alumnado de FP as súas experiencias profesionais e unha mensaxe clara: na Mariña hai emprego, oportunidades e futuro
Falouse de soñar en grande, de emprender na comarca, de salarios competitivos e, sobre todo, dun valor engadido clave: a calidade de vida.
Grazas á FCAM, ás empresas participantes e a todo o alumnado pola súa implicación
Seguimos apostando pola conexión entre formación e mundo laboral!
#fpgalicia


























