Día de Rosalía 23F

No CIFP Porta da Auga conmemoramos o nacemento de Rosalía de Castro lembrando os aspectos máis relevantes da súa biografía e obra. Ademais, o alumnado da FP Básica visualizou a curtametraxe Ignotus, baseada nun conto que Rosalía lle contou ao seu home, Manuel Murguía. Esta visualización serviunos para recordar cal era a situación de Galicia a finais do século XIX e así comprender o fenómeno da emigración á América daqueles anos.

 

Obradoiro de saúde bucodental

O alumnado de Atención a persoas en situación de dependencia e de Animación sociocultural e turística foi invitado á semana da Saúde organizada polo C.I.F.P. Politécnico de Lugo onde realizaron obradoiros de Saúde bucodental, de rumed e tomaron un almorzo saudable elaborado polo alumnado de APSD.

Visita á ONCE e fundación ADCOR

O alumnado co CM de Atención a persoas en situación de dependencia e do CS de Animación sociocultural e turística viaxou A Coruña para visitar a ONCE e a fundación Adcor, alí coñeceron o traballo qUE realizan con persoas con discapacidade visual, auditiva e intelectual e realizaron actividades para coñecer o braille e os distintos materiais que se usan coas persoas sordo-cegas.

11-F Día da muller e a nena na ciencia

Hoxe celébrase o Día da muller e a nena na ciencia, e a comisión de Igualdade do CIFP Porta da Auga apoia esta xornada cun concurso de carteis.

O alumnado participou achegando pósters con breves biografías de diversas científicas que, sen dúbida, inspirarán a moita xente.

Proxecto final GIRA JÓVENES COCA-COLA

No CIFP Porta da Auga participamos co alumnado de 2º CS de Edecación Infantil no programa de GIRA JÓVENES DE COCA-COLA no cal o alumnado foi elaborando un proxecto de emprendemento social.

Este proxecto comenzámolo no mes de septembro e constou das seguintes fases: formar, inspirar e elaboración de proxectos. Dito proxecto realizouse en seis xornadas formativas e o alumnado estivo acompañado en todas elas por unha profesional de emprendemento social.

Finanzas para Mortais

No CIFP Porta da Auga levouse a cabo a sesión de FINANZAS PARA MORTAIS dentro do programa EDUEMPRENDE! Esta sesión foi impartida pola directora do Banco Santander ao alumnado de 1º de FP Básica de Mantemento de Vehículos e de Servizos Administrativos; nela explicou conceptos básicos de xestión dos propios cartos, como aforrar ou como utilizar unha tarxeta bancaria, entre outros.