Xornada de Portas Abertas

Onte, 9 de abril, o alumnado do IES Illa de Sarón de Xove e do IES Dionisio Gamallo de Ribadeo visitou as instalacións do noso centro para coñecer de primeira man a nosa oferta educativa.

Durante a visita, as distintas familias profesionais explicaron os ciclos formativos, ilustrando con actividades prácticas e demostracións o traballo que se realiza en cada un deles. Tamén se realizou un percorrido polas instalacións, incluíndo talleres e aulas específicas, co obxectivo de mostrar os recursos e equipamentos cos que conta o centro.

Agardámosvos moi pronto!

Visita ao Parlamento de Galicia

Alumnado e profesorado de Administración e Xestión tiveron a oportunidade de facer unha visita guiada ó hemiciclo e todas as dependencias do Parlamento de Galicia para comprender a súa historia e funcionamento.

Os coidados na dinámica da aula de educación infantil

Con este Obradoiro traballamos co alumnado de 1º curso dos CS de Educación Infantil e CM en Atención a Persoas en Situación de Dependencia a importancia dos coidados.
Logramos dar visibilidade ós coidados dende a presenza, a compañía, o uso da palabra e a narrativa, o amor á preparación de espazos ou á disposición de materiais.
A través de diferentes propostas do Laboratorio Formativo NENEA ó aire libre, o alumnado tivo a oportunidade de reflexionar sobre a necesidade de preparar os materiais, as propostas, o xogo e as rutinas desde o enfoque da pedagoxía dos coidados, e rematar a mañá coa posta en común sobre ditas reflexións mediante una dinámica creativa.