Día do libro 2026

Desde a biblioteca do CIFP PORTA DA AUGA queremos unirnos ás celebracións do 23 de abril, día do libro.
A través das nosas actividades, buscamos facer noso o lema das bibliotecas escolares de Galicia para este ano, escrito por Eva Mejuto:
“… porque cando lemos
todo é posible,
sobre todo o imposible”.

Visita do enxeñeiro Pablo Terroba

O pasado venres tivemos o privilexio de recibir no noso instituto a Pablo Terroba, enxeñeiro de Exxon Mobil, quen compartiu connosco a súa inspiradora traxectoria profesional e a súa experiencia colaborando coa recoñecida marca Red Bull.

Durante a visita, Pablo relatounos como foi o seu camiño ata alcanzar o posto de enxeñeiro químico, explicándonos os retos, aprendizaxes e oportunidades que foi atopando ao longo dos anos.

Ademais, deleitounos con anécdotas, aventuras e curiosidades do sector; transmitíndonos, non só coñecementos técnicos, senón tamén valores coma o esforzo, a constancia e a paixón polo traballo ben feito.

Desde o centro queremos agradecerlle a súa cercanía, tempo e toda a sabiduría compartida.

Graciñas, Pablo!