Infórmase ao alumnado que realiza formación en empresa de que está aberto o prazo para solicitar as axudas económicas correspondentes.
Prazo de solicitude: do 13 de outubro ao 13 de novembro de 2026.
Documentación necesaria
O alumnado que teña dereito a estas axudas deberá achegar a seguinte documentación:
- Copia do DNI.
- Certificación bancaria na que figure como titular da conta bancaria.
Entrega da documentación
A documentación e a solicitude deberán entregarse e asinarse no Departamento de Relación con Empresas, durante unha das visitas quincenais do alumnado ao centro que teña lugar dentro do prazo establecido.
Normativa de referencia
Lémbrase ao alumnado interesado que debe presentar toda a documentación requirida dentro do prazo establecido.
