DEPARTAMENTO DE INFORMACIÓN E ORIENTACIÓN PROFESIONAL
Este departamento está formado por:
– A orientadora, xefa do departamento.
– A coordinadora de emprendemento, xefa do departamento de FOL.
– Un membro do profesorado de cada familia profesional que existe no centro: Transporte e Mantemento de Vehículos, Electricidade e Electrónica, Edificación e Obra Civil, Administración e Xestión e Servizos Socioculturais e á Comunidade.
As competencias deste departamento son:
- Elaborar, as propostas de organización da orientación educativa e profesional, e o plan de acción titorial.
- Informar o alumnado e, en xeral, a calquera persoa interesada sobre as oportunidades de acceso ao emprego, da oferta de cursos de perfeccionamento, reciclaxe ou especialización, así como das posibilidades do procedemento do recoñecemento, avaliación, acreditación e certificación da competencia profesional, das cualificacións profesionais e da formación ao longo da vida.
- Informar e orientar as persoas que participen no procedemento de recoñecemento, avaliación, acreditación e certificación da competencia profesional acerca dos itinerarios formativos que lles permitan, logo de rematado o proceso de avaliación, completar a competencia en que sexan deficitarios para conseguir a titulación de formación profesional ou o certificado de profesionalidade correspondente.
- Planificar, desenvolver e levar a cabo as accións de información e orientación no procedemento de recoñecemento, avaliación, acreditación e certificación da competencia profesional.
- Motivar ao alumnado e ás persoas que xa rematasen os seus estudos e facilitarlles acceso aos programas e ás actividades de emprendemento.
- Planificar a actividade dos viveiros de empresas.
- Divulgar as accións de emprendemento.
- Realizar estudos de inserción laboral do alumnado, así como realizar e coordinar os estudos de mercado de traballo.
- Xestionar a bolsa de emprego.
- Coordinar a orientación laboral e profesional con outras administracións, entidades ou institucións.
- Coordinar, apoiar e ofrecer soporte técnico ás actividades de información, orientación e titoría que o profesorado realice no centro co seu alumnado.
- Colaborar na detección de dificultades ou problemas de desenvolvemento ou aprendizaxe, así como participar no diagnóstico, no deseño e na aplicación de medidas de apoio.
- Contribuír a que a avaliación desenvolvida no centro se axuste aos principios de avaliación continua, formativa e orientativa.
- Elaborar propostas acerca dos perfís profesionais que demanden as empresas do contorno.
- Elaborar a programación do departamento e a memoria que avalíe todas as actuacións.