Somos un equipo de persoas con vocación de ensinantes, con experiencia e preparación que, creemos, non escatima dedicación, entusiasmo e enerxía.
Como docentes temos a vontade de aprender, ensinar e compartir coñecementos e destrezas, ter iniciativas e poñelas en práctica para facer as cousas cada día mellor traballando en equipo e conseguir “Auxiliares e Técnicos Administrativos” capaces de adaptarse aos rápidos cambios na profesión administrativa, de ser flexibles e de construír a súa propia autonomía profesional nun mundo empresarial sempre moi complexo, sen esquecernos das persoas con capacidades diferentes.
O noso alumnado sae preparado para desempeñar múltiples tarefas no seu campo profesional e á vangarda nas últimas tecnoloxías pero sen deixar de lado a súa preparación para ser cidadán responsable, capaz de afrontar e resolver problemas.
As alumnas/os realizan formación en empresas da zona ou en países da U.E., algo no que contamos con anos de experiencia, a través da F.C.T. e dos proxectos europeos, fórmanse a todos os niveis cara a súa inserción no mundo laboral.
A nosa oferta educativa ten como obxectivo formar profesionais capaces de inserirse na realidade produtiva, caracterizada por unha rápida evolución tanto dende o punto de vista tecnolóxico como da organización do traballo. Tamén poden continuar os estudos no campo universitario.
Pretendemos ser un referente da familia de “Administración e Xestión” no noso contorno, poñendo profesionais e modernas instalacións ao servizo da innovación no ámbito da formación e da mellora da calidade na F.P.
A continuación podes ver un video promocional da nosa familia profesional:
Podes ver unha presentación da oferta educativa en pdf do departamento pichando no enlace seguinte: PDF oferta educativa.
Tamén podes ver unha presentación da familia profesional no vídeo seguinte:
Finalizado o Ciclo Medio de Xestión Administrativa pódese optar a un posto de auxiliar administrativo, tanto na empresa privada como na Administración pública.
Todas as empresas precisan do traballo administrativo e o título de Técnico en Xestión Administrativa capacita para traballar en:
As persoas que rematen os estudos do ciclo formativo de grao superior correspondente a titulación de técnico superior en administración e finanzas poderán exercer a súa actividade en calquera tipo de empresa, así como nas Administracións públicas, desempeñando as tarefas administrativas na xestión e no asesoramento nas áreas laboral, comercial, contable e fiscal desas empresas e institucións, ofrecéndolles un servizo e atención á clientela e á cidadanía, realizando trámites administrativos coas administracións públicas e xestionando o arquivo e as comunicacións da empresa.
Poderían traballar por conta propia, efectuando a xestión da súa propia empresa, ou a través do exercicio libre dunha actividade económica, como nunha asesoría financeira ou laboral, estudos de proxectos, etc.
Avda. de Luarca s/n CP27700 Ribadeo (Lugo)
Tfn: 982 128 894 | Correo-e: cifp.portadaauga@edu.xunta.es