As bibliotecas son as nosas amigas

O martes 30 de novembro o equipo de voluntariado da Biblioteca do noso centro, acudimos á Escola Oficial de Idiomas a coñecer a súa biblioteca e as actividades que realizan. Propuxéronnos un xogo de búsqueda bibliográfica e descubrimos os seus fondos, tanto libros, como películas; aprendemos algo dos diferentes idiomas que se poden estudar na EOI, e vimos o bonita e agradable que é a biblioteca e os espazos para os estudantes no baixo da preciosa e histórica Casa do Óptico. Blanca, profesora de alemán e coordinadora da biblioteca, explicounos que a queren converter nun xardín, e agasallounos cun marcapáxinas e un lápis que podemos plantar cando a súa vida útil acabe.
Foi unha tarde moi agradable e sabemos de seguro que aquí vai comezar unha gran amizade e colaboración entre as nosas biblios!
Decía Neil Gailman que “as bibliotecas son as nosas amigas”, pois daquela a biblioteca da EOI de Ribadeo é a amiga da nosa amiga!!
Lembrade que a biblioteca do CIFP Porta da Auga está aberta a tod@s vós, e que se queredes formar parte do noso equipo de voluntariado estaremos encantad@s de recibirvos!

Leave a Reply

avatar
  Subscribe  
Notify of