Atención a persoas en situación de dependencia

As alumnas de 2º de TAPSD realizaron un exhaustivo traballo de análise dos recursos de atención a persoas en situación de dependencia da comarca da Mariña e do Occidente de Asturias, creando un mapa interactivo no cal podemos atopar e consultar os datos de ditas institucións e centros de atención. Pretende ser unha ferramenta de axuda para profesionais, estudiantes e familias para atopar os contactos deste tipo de servizos, xa que moitas veces resulta complicado fóra das consultas en buscadores privados. Esta análise, axudounos tamén a comprobar a escasez de recursos en determinados concellos e a necesidade de atención que persoas dependentes están a experimentar neles.
Esperamos que sexa do voso agrado!!

Leave a Reply

avatar
  Subscribe  
Notify of