Concienciación en materia de prevención de riscos laborais- Fundación Laboral de Construcción de Galicia

O martes 14 o Departamento de FOL organizou unha xornada de actividades de concienciación en materia de prevención de riscos laborais nas familias de Mantemento de Vehículos, Instalacións Eléctricas e Automáticas, e Construcción e Obra Civil. Esta actividade enmárcase dentro da campaña “Seguridade e saúde: + cerca da escola“, da Fundación Laboral de la Construcción de Galicia.

Participou alumnado do Ciclo Medio de Electromecánica do Vehículo, 2º Ciclo Medio Dual de Instalacións Eléctricas e Automáticas, 2º curso do Ciclo Superior de Automoción e Ciclo Medio de Obras de Interior, Decoración e Rehabilitación.

Proxecto: saúde e emerxencias

O pasado luns 13 de novembro participamos nunha actividade para traballar en materia de saúde e emerxencias, dirixida ao alumnado de FP Básica.

A acción foi impartida por Camilo Vázquez Corveiras, enfermeiro, coordinador autonómico de SEMES RCP e Instructor Soporte Vital Avanzado; e por Mónica Fernández, responsable Programa Prevención Drogodependencias do Concello.