Visita ao CGIFP Eduardo Barreiros o 10 de Marzo

O propósito desta xornada foi coñecer as tecnoloxías de vangarda que se están a desenvolver no ámbito da Formación Profesional en Galicia, fomentando a transferencia de coñecemento entre os sectores produtivos e a realidade educativa do ciclo de Instalacións Eléctricas e Automáticas.

A xornada comezou coa recepción por parte da Directora do Centro, quen explicou o papel do CGIFP como eixe da innovación, a investigación aplicada e o emprendemento na FP galega.

Bloque I: Biotecnoloxía
A primeira parada tivo lugar no Laboratorio de Biotecnoloxía. Malia ser un campo alleo á electricidade convencional, o alumnado puido comprender a importancia da automatización e a precisión en:

  • Tecnoloxías de secuenciación de ADN e ARN.
  • Procesos básicos de análise xenómica explicados de forma divulgativa.

Bloque II: Industria 5.0 e Ciberseguridade
Este bloque resultou de especial interese para o módulo de automatismos e comunicacións industriais:

Ciberseguridade (IT): Analizouse o traballo do “Blue Team” (equipo defensivo). Explicáronse as ferramentas empregadas para mitigar ataques comúns como MITM (Man-in-the-Middle) e DDoS, subliñando a importancia de protexer as redes de datos.

Sistemas de Produción (OT): Visitouse unha célula flexible de fabricación de SMC. Observouse a integración de autómatas Siemens S7-1500 en cada estación e a interacción cun cobot (robot colaborativo) UR, fundamentais no deseño de cadros e sistemas automatizados modernos.

Bloque III: Fabricación Aditiva
No laboratorio de impresión 3D, revisáronse diversas metodoloxías que permiten crear pezas personalizadas para montaxes eléctricas ou prototipado:

  • Impresión por resina (alta resolución).
  • Tecnoloxía de polvo.
  • Fabricación convencional con fibra de carbono, destacando a súa resistencia mecánica e lixeireza.

Bloque IV: Emprendemento e Prototipado
Para finalizar, visitouse a área de incubación de empresas, vinculada a programas como Innovatech FP. O alumnado puido ver exemplos reais de innovación aplicada:

  • Amortecedor rexenerativo: Recuperación de enerxía cinética.
  • Turbina para automoción: Xeración de enerxía auxiliar en vehículos.

A visita permitiu aos alumnos visualizar a converxencia entre as instalacións eléctricas tradicionais e a dixitalización industrial. A exposición a sistemas de ciberseguridade e robótica colaborativa reforza os contidos vistos na aula sobre control industrial e seguridade nas comunicacións.

Proxecto final GIRA JÓVENES COCA-COLA

No CIFP Porta da Auga participamos co alumnado de 2º CS de Edecación Infantil no programa de GIRA JÓVENES DE COCA-COLA no cal o alumnado foi elaborando un proxecto de emprendemento social.

Este proxecto comenzámolo no mes de septembro e constou das seguintes fases: formar, inspirar e elaboración de proxectos. Dito proxecto realizouse en seis xornadas formativas e o alumnado estivo acompañado en todas elas por unha profesional de emprendemento social.

Finanzas para Mortais

No CIFP Porta da Auga levouse a cabo a sesión de FINANZAS PARA MORTAIS dentro do programa EDUEMPRENDE! Esta sesión foi impartida pola directora do Banco Santander ao alumnado de 1º de FP Básica de Mantemento de Vehículos e de Servizos Administrativos; nela explicou conceptos básicos de xestión dos propios cartos, como aforrar ou como utilizar unha tarxeta bancaria, entre outros.

Charla para a Xestión e Resolución de Conflictos

Dentro do plan EDUEMPRENDE, levouse a cabo co alumnado dos primeiros cursos de formación básica o programa ACTUA coa actividade de XESTIÓN E RESOLUCIÓN DE CONFLICTOS. A través de dinámicas grupais e xogos de rol recoñeceron os distintos tipos de conflictos e as súas fases, entenderon as causas comúns en contornas de traballo, aprenderon recursos para converter conflictos en oportunidades de mellora e aplicaron técnicas de comunicación efectiva.

Sesións formativas da “Gira Jóvenes Coca-Cola”

Estase levando a cabo a formación de Itinerario Gira Jóvenes Coca-Cola co alumnado de 2ºCS de Educación Infantil. Este plan formativo consta de 2 sesións presenciais de 5 horas cada unha os dÍas 15 e 16 de decembro; nestas formouse ao noso alumnado en habilidades persoais, traballo en equipo e colaborativo, aptitudes emprendedoras, obxectivos sostibles, emprendemento social, etc.; así como a visualización de diversos exemplos de dito emprendemento. O resto da formación impartirase en xaneiro e febreiro e constará de 4 sesions online de 2 horas cada unha.

VISITA A ESTALEIROS GONDÁN

Este pasado mércores 14 de maio, o alumado do Ciclo Formativo de grao superior de Automoción,  xunto cos equipos docentes de FOL  e automoción,  tivemos  o privilexio de realizar unha visita guiada ás instalacións da empresa Estaleiros Gondán S.A. instalado no municipio de Figueras. Trala recepción por parte do persoal do Departamento Comercial, Seguridade e Saúde, expuxeron a súa  historia e proxección profesional ao longo do seu centenario, dende os comenzos como constructores de naves de madeira, pasando nos anos setenta do pasado século á construción en aceiro e recentemente na última década realizando embarcacións de fibra. Unha empresa familiar que ao longo destes 100 anos apostou por este enclave, xerando emprego  directo e indirecto e riqueza na contorna. Amosaron as súas instalacións, vimos a ampliación que están a acometer nas gradas para futuros barcos de maior eslora, amosáronnos os dous barcos nos que están a traballar, ensamblando os módulos previamente fabricados. Realizamos una visita guiada polo seu barco xa rematado, que entregan esta mesma semana, con bandeira de Noruega, de 80 metros de eslora. O “AUSTRI ENABLER” e un laboratorio flotante, que contribuirá a mellorar os aeroxeradores nos parques mariños. Cunha tecnoloxía punteira, e con un coidado exquisito no deseño, ergonomía e acabamentos. Por último, visitamos as instalacións onde se corta, mecaniza e soldan cada un dos módulos que no seu conxunto forman a nave. Vimos parte do proceso dende que recepcionan una lámina de metal ata que acaba formando parte da embarcación, pasando por mecanizados, pregados, soldadura e pintura. Dende o CIFP Porta da Auga, so nos resta agradecer a oportunidade de abrirnos as súas portas e amosar o esmero e ben facer das cousas. A por outros cen anos mais cheos de éxitos.  

CHARLA DE PÉREZ RUMBAO

O alumnado das familias de “Administración e Xestión” e de “Transporte e Mantemento de Vehículos” participou nunha charla impartida polo director de Recursos Humanos da empresa Pérez Rumbao (dentro do programa EduTecEmprende), conectándose en directo cun concesionario onde de xeito virtual percorreu diversas seccións do concesionario, podendo o alumnado interactuar facendo preguntas.

EDUEMPRENDE ACTÚA: COMUNICACIÓN

Dentro do programa Eduemprende, levouse a cabo o programa “Eduemprende Actúa“, impartindo unha sesión de comunicación ao alumnado de 1º Curso do Ciclo Formativo de Grao Superior de Automoción.

Dita sesión foi levada a cabo por Verónica Rodríguez Ruzo, onde explicou diversos aspectos da comunicación verbal, non verbal e xestual. Ensináronse tamén estratexias para comunicarnos dunha maneira máis eficiente, así como preparar ao alumnado para afrontar á exposición a entrevistas de traballo, plans de empresas ou diversos proxectos de emprendemento.

TALLER DE PROCURA DE EMPREGO NO CIFP PORTA DA AUGA

No CIFP Porta da Auga tivo lugar un “Taller de Procura de Emprego” impartido por Verónica Rodríguez Ruzo, da Axencia Promove de Santiago de Compostela. Este taller foi impartido a todos os segundos cursos deste centro educativo.

Tratáronse diversos aspectos xerais da procura de emprego, así como aspectos específicos para cada unha das familias profesionais, tales como listas do SERGAS, listas en escolas infantiles, diversas oposicións segundo o perfil profesional de cada persoa, homologación de título a nivel europeo, etc.

FINANZAS PARA MORTAIS NO CIFP PORTA DA AUGA

No CIFP Porta da Auga levouse a cabo a sesión de “Finanzas para Mortais”, dentro do programa Eduemprende!

A sesión foi impartida pola directora do Banco Santander ao alumnado  de 1º de FP Básica de Servizos Administrativos e de Mantemento de Vehículos, onde se impartiron conceptos básicos de xestión dos propios cartos como o aforro, o investimento, utilización dunha tarxeta de crédito…