COMO PRESENTAR PROXECTOS EN PÚBLICO PARA EMPRENDER

O día 11 de decembro, Fernando Rodríguez De la Torre da axencia de publicidade “Con C de comunicación” de Santiago de Compostela, impartíu a formación “COMO PRESENTAR PROXECTOS EN PÚBLICO PARA EMPRENDER”, onde tratou diversos aspectos tales como: ter en conta o público ao cal imos facer a presentación, a forma de comunicar ese proxecto (contacto visual, expresión facial e postura corporal), tendo en conta as partes da presentación do proxecto (introdución, desenvolvemento e peche) e, por último, ter en conta as pautas xerais do deseño.

Formación de seguros para emprender

O día 10 de decembro compartimos con MAPFRE Seguros, un espazo cheo de aprendizaxe e de consellos prácticos sobre como os seguros nos poden brindar tranquilidade e seguridade en cada unha das etapas das nosas vidas.

A charla foi impartida polo Xefe de Formación da Dirección Xeral Territorial Noroeste, Julio Arias De la Calle, e o director da oficina de MAPFRE en Ribadeo, Xosé María Rañón Peceux. Agradecemos a todos os asistentes e poñentes por facer un éxito deste evento.

Taller de emprendemento: “Reparación de vehículos eléctricos”

O día 9 de decembro celebrouse no salón de actos do CIFP Porta da Auga o taller de emprendemento: “Reparación de vehículos eléctricos”, ao cal asistiu o alumnado do Ciclo Superior de Automoción, de Sistemas Electrotécnicos e Automatizados, así como os do curso de especialización de grao superior de Mantemento e seguridade en sistemas de vehículos híbridos e eléctricos.

Neste taller vimos que partes podemos reparar nos vehículos eléctricos nos talleres multimarcas, o cal é unha forma de negocio moi importante, para o que se precisa unha formación que nos distinguirá do resto dos profesionais da reparación do automóvil, o que conleva unha mellora sustancial nos emolumentos a cobrar.

Taller de emprendemento de análise de inversións

Hoxe, o alumnado e profesorado dos Ciclos Formativos da familia de Administración e Xestión, tivemos o pracer de asistir ao taller de emprendemento e análise de inversión impartido por Omar Rodríguez Cabaleiro, asesor de Banca Persoal, onde se falou sobre os distintos tipos de produtos de pasivo bancarios e como dar os primeiros pasos no mundo do investimento tendo en conta os obxectivos financieiros e o perfil de risco.

O futuro financiero comeza hoxe! Grazas ao alumnado e profesorado polo seu interese e participación activa. Estamos seguros de que están dando os primeiros pasos cara unha xestión intelixente das súas finanzas.

Celebración do día internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres

O 25 de novembro conmemoramos no centro o día internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres.

As actividades que se realizaron foron: lectura dun manifesto contra a violencia, e unha actividade centrada nunha análise musical de cancións que, ou ben normalizan a violencia de xénero, ou ben empoderan ás mozas na súa loita.

Curso de “Microcemento para emprendemento na construcción”

O obxectivo deste curso, realizado o pasado 26 de novembro, foi que o alumnado adquirise os coñecementos técnicos e teóricos necesarios para a realización, de forma autónoma, dunha aplicación completa de microcemento sobre calquera superficie.

O microcemento é un revestimento continuo decorativo que combina un conglomerante de cemento, polímeros e outros aditivos, ofrecendo unha superficie continua, resistente e de aparencia elegante. A súa popularidad creceu en todo o mundo grazas á sua capacidade para crear acabados lisos no chan, pareces e mobles, cunha ampla gama de cores e texturas.

O microcemento convertiuse nunha opción destacada na decoración contemporánea e na renovación de espazos.

Emprendemento en educación infantil a través da música e da familia

A Asociación Antonio Gandoy presentou o venres 15 de novembro, no CIFP Porta da Auga, unha actividade para familias e crianzas na que participou o alumnado de 4º de infantil do CEIP Gregorio Sanz.

O proxecto “O son que me arrola“, preséntase como un achegamento da música tradicional galega ás crianzas e familias; unha actividade coa que presentamos ao alumnado de Ciclo Superior de Educación Infantil un exemplo de emprendemento do sector.

Taller de emprendemento: “LIDERADO E TRABALLO EN EQUIPO”

O pasado mércores, día 6 de novembro, levouse a cabo un taller de emprendemento sobre LIDERADO e TRABALLO EN EQUIPO!… Ese taller foi impartido por Xaquín Domínguez, da empresa Bével. Nese taller ensináronse ferramentas dinámicas para diferentes momentos, tanto para traballar en equipo dentro de proxectos, como para liderar equipos. Tamén se deron pautas para unha mellor comunicación, tendo en conta tamén a linguaxe non verbal e, por último, tamén se fixo referencia á resolución de conflictos e como afrontar unha conversa difícil.

TALLER DE PRIMEIROS AUXILIOS: SEGURIDADE E SAÚDE + CERCA DA ESCOLA

O pasado día 15 de outubro o Departamento de FOL organizou, en horario de tarde, un taller de de primeiros auxilios: SEGURIDADE E SAÚDE + CERCA DA ESCOLA, para o alumnado dos ciclos formativos de horario de tarde, impartido pola Fundación Laboral da Construcción; taller no cal se analizaron varios riscos, entre eles: caídas do mesmo e distinto nivel, golpes e cortes con obxectos e ferramentas, manipulación de cargas, axentes físicos e químicos, factores psicosociais, etc. O obxectivo de dito taller foi concienciar ao alumnado de utilizar as medidas de prevención e protección para evitar accidentes laborais e enfermidades profesionais.

Actividade de emprendemento: A PROCURA DE EMPREGO: INSERCIOÓN LABORAL

O pasado 21 de maio tivo lugar a actividade A PROCURA DE EMPREGO: INSERCIÓN LABORAL, impartida por Rafa da Fundacion Ronsel da Coruña.

Participou o alumnado de 1º CM APSD e 1º CS EI, realizando dinámicas individuais e dinámicas grupais de simulacións de entrevistas de traballo, analizando a importancia da comunicación verbal e non verbal e poñéndoas en práctica, tendo en conta o contacto visual e a posición de mans e pernas.