Charla/Taller: técnicas de comunicación para emprender

O pasado xoves 9 de Novembro tivo lugar unha actividade organizada pola Coordinación de Emprendemento e impartida polo actor e colaborador da empresa de formación Bével, Xaquín Domínguez.
A actividade consistiu nunha charla/taller na que see traballaron diferentes conceptos comunicativos: a importancia da linguaxe corporal; a actitude; técnicas para potenciar as capacidades comunicativas; como sacar dun defecto unha virtude; etc.
Antes de comezar a charla realizouse unha breve interpretación para resaltar a importancia da linguaxe corporal dentro do acto comunicativo.
E, para finalizar, o alumnado levou a cabo unha dinámica grupal de proxección e modulación da voz.

TALLER DE EMPRENDEMENTO SOBRE RECURSOS EDUCATIVOS DE ATENCIÓN Á INFANCIA

Este martes 7 de novembro tivo lugar no Porta da Auga un taller de emprendemento no que participou o alumnado de 1º e 2º do Ciclo Superior de Educación Infantil. A charla impartida por Judith (psicóloga) e César (músico e mestre) xirou arredor de como constiuíron no ano 2016 a súa cooperativa Miudiño, como de importante é contar con outras asociacións doutros ámbitos que te apoien en aqueles campos nos que un non é experto (p.e. o Espazo Coop). Fixeron un percorrido pola filosofía que os move nas súas intervencións relacionadas co xogo, a natureza, as emocións, os contos e os cantos. Os servizos que prestan e como o feito de ser cooperativa lles axuda a sacar adiante as súas propias publicacións centradas en libro-discos con moita prosodia, na natureza e nos seres mitolóxicos. Agora intentando arrancar unha serie de bonecas artesanais que protagonizan lendas galegas

Obradoiro: “Claves dunha boa comunicación para emprender”

Dentro da actuación “Aulas de emprendemento”, levouse a cabo no centro unha actividade que tiña por obxectivo ensinar a comunicar, tendo en conta tanto os aspectos da comunicación verbal como da non verbal e como estos repercuten no impacto final da nosa mensaxe.
Ademais de coñeceras claves para a presentación dunha idea ou dun proxecto empresarial, veránse en xeral as claves para unha boa comunicación de cara a unha entrevista laboral, a presentación dun traballo, etc.

Visita EduTecEmprende

O día 26 de abril, dentro do programa EduTecEmprende, fixemos unha visita guiada cos grupos de 1º CM Xestión Administrativa e 1ºCS de Administración e finanzas ao centro de supercomputación de Galicia (CESGA) onde nos amosaron a totalidade das instalacións e nos explicaron o funcionamento dos múltiples aparatos e a súa utilidade.

 

Finanzas para mortais e Creatividade para a innovación

Dentro do equipo de coordinación de emprendemento leváronse a cabo 2 talleres:

1.- Finanzas para mortais: Duas sesións con CSAF onde se explicaron as distintas fases dun plan de empresa

2.- Creatividade para a innovación: Taller de Eduemprende Actúa, de dúas sesión con 1 CM Electromecánica de vehículos, 1CM Xestión e finanzas e  1CM Atención a Persoas en Situación de Dependencia, onde se viron distintas técnicas de innovación, entre elas, o pensamento lateral.

A ponente foi Maria Traveso, gerente a Empresa Promove.