Minitalleres Formativos polo 8M

Este luns, o alumnado dos ciclos de FP Básica Transporte e mantemento de vehículos e
Administración e xestión, ciclo medio de Atención a persoas en situación de dependencia, e Superior
de Educación infantil deseñaron e puxeron en marcha minitalleres formativos con perspectiva de
xénero para conmemorar o Día internacional da muller.
A actividade foi unha oportunidade para aprender facendo e ensinando, ao tempo que se
achegaron a aspectos clave das diversas profesións e puideron refelxionar sobre os estereotipos
existentes das mesmas.

#por365diasdeerespectoeigualdade

11F Día da muller e a nena na ciencia

Hoxe celébrase o Día da muller e a nena na ciencia, e a comisión de Igualdade do CIFP Porta da Auga apoia esta xornada cun concurso de carteis.

O alumnado participou achegando pósters con breves biografías de diversas científicas que, sen dúbida, inspirarán a moita xente.

Tras a votación de carteis, resultou como gañador o elaborado por “Huellas”, con Hedy Lamar como protagonista.
Parabéns ao autor, que disfrutará dun bono de cafetería como premio.

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

Visita o centro, coñece as instalacións e os diferentes ciclos ofertados para o curso 24/25.

Os horarios para as visitas son os seguintes:

  • MARTES 25: de 10h a 13h
  • MÉRCORES 26: de 10h a 13h/ de 18h a 21h

RESUMO DAS ACTIVIDADES DA COMISIÓN DE IGUALDADE NO MES DE NOVEMBRO

Comezamos o mes de Novembro coa constitución da Comisión de Igualdade e a presentación do novo Plan de Igualdade 2023-2024, no que se establecen as líneas de traballo para o curso: saúde feminina e violencias machistas no primeiro trimestre, mulleres referentes no segundo e diversidade afectivo-sexual e saúde menstrual no terceiro.

Neste mes, elaboramos uns marcapáxinas para o profesorado con consellos para integrar a perspectiva de xénero na práctica docente e detectar posibles casos de violencia de xénero no ámbito educativo.

Participamos no Concurso de imaxes gráficas e pezas audiovisuais, con motivo do 25 de novembro “día internacional contra a violencia de xénero” convocado pola Secretaría Xeral da Igualdade e a Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa cun vídeo elaborado por un grupo de alumnas de 2º de Educación Infantil titorizado pola profesora Belén Blanco.

Así mesmo, convocamos o noso propio certame fotográfico para o 25N, no que resultaron premiadas a alumna de 1º APSD, Verónica Villamil e Laura Quiroga de 2º de Infantil. As alumnas recibiron libros de autoras galegas de temática feminista como agasallo (Luns de Eli Ríos, Golpes de luz de Ledicia Costas e a A cabeza da Medusa de Marilar Aleixandre).

Puxemos nos corredores unhas infografías sobre tipos de violencia machista elaborados a partir da publicación do Ministerio de Igualdade e decoramos os taboleiros cos traballos do alumnado de 2º de Educación Infantil.

A Comisión de Dinamización Lingüística do Centro convocou un certame de lemas para o 25N, saíndo vencedor o lema da profesora Belén Blanco.

Rematamos o mes coa conmemoración do 25N, onde lemos un manifesto elaborado polo alumnado de 1º APSD, interpretamos a canción “A veciña do cuarto” de Fillas de Casandra e fixemos un mural de mans colaborativo, deseñado pola alumna Antía García de 1º de Educación Infantil. Así mesmo, o alumnado de FP básica e 1º de Ciclo Medio acudiu ao auditorio a ver a película “Matria”, actividade organizada polo CIM de Ribadeo.