Oboradoiro de arte efémera e estampación con lixo mariño

Isa García (bióloga), integrante do colectivo artístico “Retoque Retro” foi a guía e relatora da actividade formativa “Obradoiro de Arte Efémera e Estampación con Lixo Mariño”, dirixido ao alumnado de 1º curso do Ciclo formativo de Atención a Persoas en Situación de Dependencia e do Ciclo formativo de Educación Infantil do CIFP Porta da Auga (Ribadeo).
Nesta formación o alumnado e profesorado adquiriron coñecementos e habilidades para realizar pezas de arte empregando só plástico e lixo procedente das praias.
O obxectivo desta actividade é concienciar ao alumnado e, por extensión a toda a comunidade sobre a importancia da reciclaxe, reutilización e redución dos residuos promovendo o desenvolvemento sostible e o coidado do medio ambiente.
Con Retoque Retro, o alumnado e profesorado realizou intervencións artísticas entre elas esculturas efémeras e prendas de roupa estampadas empregando residuos procedentes do mar.
Unha verdadeira actividade sensibilizadora sobre a problemática dos residuos plásticos nos océanos e mares da Terra e as súas consecuencias ambientais e sociais.

Espazos de Tecnoloxía Aplicada

Adecuación de taller para impartir formación en ISFV (Instalación Solar Fotovoltaica) compatibles coa IRVE (Infraestrutura de Recarga para Vehículos Eléctricos

Rematáronse as instalacións do proxecto de adecuación dos talleres de Electricidade para impartir dous puntos clave nas instalación eléctricas actuais:

  1. Instalacións solares fotovoltaicas para autoconsumo (ISFV)

  2. Instalacións eléctricas nos edificios de vivendas e garaxe comunitario axeitadas para colocar puntos de recarga do vehículo eléctrico (IRVE) no garaxe comunitario do edificio.

No primeiro punto realizouse una ISFV con 18 paneis fotovoltaicos que se colocaron nun lateral do taller nº2 da familia de Transporte e mantemento de vehículos cableándose ata o taller nº4 de Electricidade. Pódese ver un par de vídeos aquí:

https://www.youtube.com/watch?v=DgHTcTGnT5k

https://www.youtube.com/watch?v=LbJmCb2j-Qw

No segundo punto colocáronse dúas centralizacións de contadores alimentadas dende una caixa común de fusibles, de xeito que se poden realizar una simulación das instalacións dos edificios para realizar a alimentación dos puntos de recarga colocados nas prazas de aparcamento dun garaxe comunitario. Deste xeito podemos facelo de dúas maneiras de xeito individual (una vivenda-un punto de recarga) ou de xeito colectivo (varias vivendas para un punto de recarga). Na maqueta realizada pódese realizar a instalación dos dous xeitos escollendo a centralización de contadores que lle pertence.

Unha explicación con figuras desta maqueta podémola ver aquí:

https://www.edu.xunta.gal/centros/cifpportadaauga/aulavirtual/course/view.php?id=562

Para estas instalación o profesor Benito Fernández Rey, xefe de departamento de Electricidade, presentou un proxecto a finais de 2021 que foi premiado xunto con outros 14 centros de secundaria de toda Galicia con 55.000 €.

A dotación ven dada polo Ministerio de Educación e Formación Profesional a través dos fondos Next Generation da UE na convocatoria feita pola Xunta de Galicia.