ERASMUS docentes 2026

As nosas profesoras Marta Fojo e Mari Toni Loureiro visitaron recentemente un centro educativo de referencia en Bratislava, Eslovaquia.
O obxectivo?
Coñecer de preto o funcionamento da súa FP, intercambiar metodoloxías co profesorado e alumnado, e establecer contactos clave para futuras prácticas e mobilidades do noso estudantado.

Como broche de ouro a esta enriquecedora experiencia, visitaron a empresa Heartnest, s.r.o., o que reforza a nosa rede de colaboración internacional.

Agradecemos enormemente a excelente acollida recibida. Seguimos traballando para ofrecer as mellores oportunidades globais!

Escape room polo Día das Letras Galegas 2026

O alumnado, profesorado e persoal non docente participou nun “escape room” sobre as Letras Galegas organizado polo EDLGA, a Coordinación de Biblioteca e a Coordinación de Convivencia.
Entregáronse premios aos catro primeiros grupos do alumnado que resolveu os enigmas no menor tempo.
Dende a organización agradécese a participación e o entusiamo amosado.

Taller de comunicación

No Porta da Auga levamos a cabo os talleres de comunicación para os primeiros cursos dos ciclos formativos impartidos por profesionales da consultora Bèvel.
Nestes talleres fixéronse varias dinámicas para traballar conceptos como a empatía, a asertividade ou a actitude positiva na comunicación co fin de evitar as barreiras negativas. A maiores o noso alumnado fixo o seu respectivo IKIGAI.

Día do libro 2026

Desde a biblioteca do CIFP PORTA DA AUGA queremos unirnos ás celebracións do 23 de abril, día do libro.
A través das nosas actividades, buscamos facer noso o lema das bibliotecas escolares de Galicia para este ano, escrito por Eva Mejuto:
“… porque cando lemos
todo é posible,
sobre todo o imposible”.

Visita do enxeñeiro Pablo Terroba

O pasado venres tivemos o privilexio de recibir no noso instituto a Pablo Terroba, enxeñeiro de Exxon Mobil, quen compartiu connosco a súa inspiradora traxectoria profesional e a súa experiencia colaborando coa recoñecida marca Red Bull.

Durante a visita, Pablo relatounos como foi o seu camiño ata alcanzar o posto de enxeñeiro químico, explicándonos os retos, aprendizaxes e oportunidades que foi atopando ao longo dos anos.

Ademais, deleitounos con anécdotas, aventuras e curiosidades do sector; transmitíndonos, non só coñecementos técnicos, senón tamén valores coma o esforzo, a constancia e a paixón polo traballo ben feito.

Desde o centro queremos agradecerlle a súa cercanía, tempo e toda a sabiduría compartida.

Graciñas, Pablo!

Xornada de Portas Abertas

Onte, 9 de abril, o alumnado do IES Illa de Sarón de Xove e do IES Dionisio Gamallo de Ribadeo visitou as instalacións do noso centro para coñecer de primeira man a nosa oferta educativa.

Durante a visita, as distintas familias profesionais explicaron os ciclos formativos, ilustrando con actividades prácticas e demostracións o traballo que se realiza en cada un deles. Tamén se realizou un percorrido polas instalacións, incluíndo talleres e aulas específicas, co obxectivo de mostrar os recursos e equipamentos cos que conta o centro.

Agardámosvos moi pronto!

Visita ao Parlamento de Galicia

Alumnado e profesorado de Administración e Xestión tiveron a oportunidade de facer unha visita guiada ó hemiciclo e todas as dependencias do Parlamento de Galicia para comprender a súa historia e funcionamento.