Os coidados na dinámica da aula de educación infantil

Con este Obradoiro traballamos co alumnado de 1º curso dos CS de Educación Infantil e CM en Atención a Persoas en Situación de Dependencia a importancia dos coidados.
Logramos dar visibilidade ós coidados dende a presenza, a compañía, o uso da palabra e a narrativa, o amor á preparación de espazos ou á disposición de materiais.
A través de diferentes propostas do Laboratorio Formativo NENEA ó aire libre, o alumnado tivo a oportunidade de reflexionar sobre a necesidade de preparar os materiais, as propostas, o xogo e as rutinas desde o enfoque da pedagoxía dos coidados, e rematar a mañá coa posta en común sobre ditas reflexións mediante una dinámica creativa.

PUBLICACIÓN DA CONVOCATORIA DE BECAS MEC 2026/2027

Saíu publicada a convocatoria das becas  MEC de carácter xeral para o vindeiro curso 2026/2027 dirixidas ao alumnado de ensinanzas postobrigatorias (BAC, FP grao básico, medio e superior, curso de acceso e preparación para probas de acceso á FP, ensinanzas artísticas profesionais e superiores, ensinanzas de idiomas en Escolas Oficiais, ensinanzas deportivas, estudos relixiosos superiores e Universidades)

A tramitación realizarase por vía telemática na sede electrónica do Ministerio. Toda a información pode consultarse no seguinte enlace: https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas.html

O prazo para presentar a solicitude é  desde o 7 de abril de 2026 ás 08:00 h ata o 18 de maio de 2026, ás 15:00 h, e deberá realizarse a través da .Sede Electrónica do Ministerio

Calquera dúbida pódese consultar co Departamento de orientación do centro.

Visita ao Xulgado do Social de Lugo

O alumnado de 1º de Ciclo Superior de Administración e Finanzas xunto coa súa profesora, Mari Toni Loureiro, asistiron durante a xornada de onte aos xuízos celebrados no Xulgado do Social de Lugo.

O propósito foi coñecer in situ o desenvolvemento de xuízos laborais previamente explicados pola maxistrada ao frente do praza nº 3 da Sección do Social do Tribunal de Instancia de Lugo.

Asemade, fixeron un percorrido pola súa Muralla, Patrimonio da Humanidade, e máis do casco histórico da cidade.

Probas de acceso á FP e habilitacións profesionais

NOVAS OPORTUNIDADES PARA O 2026

Queres avanzar na túa carreira profesional? Este ano ábrense novas convocatorias que poden achegarte ao teu obxectivo

Probas de acceso a ciclos formativos de Formación Profesional 2026
Xa está publicada a información no Portal de FP. Un paso clave para quen quere acceder á FP media e superior Calendario 2026 e seguir formándose.

️ Probas de carnés profesionais e habilitacións profesionais 2026
Tamén está dispoñible a convocatoria para obter diferentes carnés e habilitacións profesionais, fundamentais para exercer en determinados sectores.

Consulta toda a información no seguinte enlace:
Convocatoria PROBAS DE CARNÉS PROFESIONAIS E HABILITACIÓNS PROFESIONAIS 2026

✨ É o momento de dar o seguinte paso na túa formación e no teu futuro profesional.

Visita a MAHI

O alumnado de 1ºCB, 2ºCB, 1ºCM e 1ºCS da familia de transporte e mantemento de vehículos realizou unha visita a MAHI (Museo da automoción e historia) e a ya-carcross en Culleredo.

Día de Rosalía 23F

No CIFP Porta da Auga conmemoramos o nacemento de Rosalía de Castro lembrando os aspectos máis relevantes da súa biografía e obra. Ademais, o alumnado da FP Básica visualizou a curtametraxe Ignotus, baseada nun conto que Rosalía lle contou ao seu home, Manuel Murguía. Esta visualización serviunos para recordar cal era a situación de Galicia a finais do século XIX e así comprender o fenómeno da emigración á América daqueles anos.

 

Obradoiro de saúde bucodental

O alumnado de Atención a persoas en situación de dependencia e de Animación sociocultural e turística foi invitado á semana da Saúde organizada polo C.I.F.P. Politécnico de Lugo onde realizaron obradoiros de Saúde bucodental, de rumed e tomaron un almorzo saudable elaborado polo alumnado de APSD.

Visita á ONCE e fundación ADCOR

O alumnado co CM de Atención a persoas en situación de dependencia e do CS de Animación sociocultural e turística viaxou A Coruña para visitar a ONCE e a fundación Adcor, alí coñeceron o traballo qUE realizan con persoas con discapacidade visual, auditiva e intelectual e realizaron actividades para coñecer o braille e os distintos materiais que se usan coas persoas sordo-cegas.