Novas
Horarios do CFGM en Obras de interior, decoración e rehabilitación e do CFGS Sistemas electrontécnicos e automatizados
Coa finalidade de facilitar a matriculación de todas aquelas persoas interesadas en cursar o ciclo formativo de grado medio de obras e de grado superior de sistemas electrotécnicos e automatizados, achegamos os horarios asignados aos mesmos no réxime modular de cara ao vindeiro curso 2021-22.
Participación no III Concurso de Podcast “Radio na Biblio”
Alumnado e profesorado dos Ciclos Formativos Básicos de Servizos Administrativos e Mantemento de Vehículos, así como tamén do primeiro curso do Ciclo Formativo de Educación Infantil, veñen de participar no III Concurso de Podcast “Radio na Biblio”, convocado pola Consellería de Educación, con motivo das Letras Galegas. Os podcast foron realizados e editados no propio centro.
Podedes disfrutar escoitándoos:
Semana do Libro no CIFP Porta da Auga
Dende a Biblioteca do Porta da Auga, o pasado mes de abril celebramos a Semana do Libro, coincidindo co propio día conmemorativo ata o día 30. Nesta semana desenvolvéronse diversas actividades, entre elas, o Escape Room “Portflix”, con moi boa acollida por parte do alumnado e profesorado participante.
Visita o noso blog Quérote+!!
O profesorado que imparte ensinanzas na FP básica do CIFP Porta da Auga ven de crear un blogue no que se recollen todas as experiencias e o traballo que realizan xunto ao aseu alumnado en materia de igualdade e educación sexual. Actividades esencias para os mozos e mozas destas idades, que permiten ofrecer unha educación que favorece o posicionamento crítico do alumnado ante moitos temas que forman parte da realidade social e persoal que viven elas/es mesmas/os.
A través da seguinte ligazón podedes seguir o traballo que se está a realizar…