Dentro da actuación “Aulas de emprendemento”, levouse a cabo no centro unha actividade que tiña por obxectivo ensinar a comunicar, tendo en conta tanto os aspectos da comunicación verbal como da non verbal e como estos repercuten no impacto final da nosa mensaxe.
Ademais de coñeceras claves para a presentación dunha idea ou dun proxecto empresarial, veránse en xeral as claves para unha boa comunicación de cara a unha entrevista laboral, a presentación dun traballo, etc.
Novas
Visita EduTecEmprende
O día 26 de abril, dentro do programa EduTecEmprende, fixemos unha visita guiada cos grupos de 1º CM Xestión Administrativa e 1ºCS de Administración e finanzas ao centro de supercomputación de Galicia (CESGA) onde nos amosaron a totalidade das instalacións e nos explicaron o funcionamento dos múltiples aparatos e a súa utilidade.
Finanzas para mortais e Creatividade para a innovación
Dentro do equipo de coordinación de emprendemento leváronse a cabo 2 talleres:
1.- Finanzas para mortais: Duas sesións con CSAF onde se explicaron as distintas fases dun plan de empresa
2.- Creatividade para a innovación: Taller de Eduemprende Actúa, de dúas sesión con 1 CM Electromecánica de vehículos, 1CM Xestión e finanzas e 1CM Atención a Persoas en Situación de Dependencia, onde se viron distintas técnicas de innovación, entre elas, o pensamento lateral.
A ponente foi Maria Traveso, gerente a Empresa Promove.
Ofertas de probas libres para a obtención de títulos FP (LOE) Curso 2022-2023
Podes consultar a seguinte dirección para máis información:
https://www.edu.xunta.gal/fp/probas-libres-para-obtencion-titulos-fp-loe-curso-2022-2023
Xornadas de información sobra a FP na Mariña
O venres, día 03/03/ d0 2023 de 10:00 a 13:00 teremos unhas xornadas de información sobre as posibilidades da FP na Mariña Lucense no IES de Foz.
Abordaranse temas cómo:
– Acreditación de competencias.
– Colaboración entre a FP e as empresas da contorna.
– Necesidades do sector productivo.
– Espazo networking.
Espazos de Tecnoloxía Aplicada
Adecuación de taller para impartir formación en ISFV (Instalación Solar Fotovoltaica) compatibles coa IRVE (Infraestrutura de Recarga para Vehículos Eléctricos
Rematáronse as instalacións do proxecto de adecuación dos talleres de Electricidade para impartir dous puntos clave nas instalación eléctricas actuais:
Instalacións solares fotovoltaicas para autoconsumo (ISFV)
Instalacións eléctricas nos edificios de vivendas e garaxe comunitario axeitadas para colocar puntos de recarga do vehículo eléctrico (IRVE) no garaxe comunitario do edificio.
No primeiro punto realizouse una ISFV con 18 paneis fotovoltaicos que se colocaron nun lateral do taller nº2 da familia de Transporte e mantemento de vehículos cableándose ata o taller nº4 de Electricidade. Pódese ver un par de vídeos aquí:
https://www.youtube.com/watch?v=DgHTcTGnT5k
https://www.youtube.com/watch?v=LbJmCb2j-Qw
No segundo punto colocáronse dúas centralizacións de contadores alimentadas dende una caixa común de fusibles, de xeito que se poden realizar una simulación das instalacións dos edificios para realizar a alimentación dos puntos de recarga colocados nas prazas de aparcamento dun garaxe comunitario. Deste xeito podemos facelo de dúas maneiras de xeito individual (una vivenda-un punto de recarga) ou de xeito colectivo (varias vivendas para un punto de recarga). Na maqueta realizada pódese realizar a instalación dos dous xeitos escollendo a centralización de contadores que lle pertence.
Unha explicación con figuras desta maqueta podémola ver aquí:
https://www.edu.xunta.gal/centros/cifpportadaauga/aulavirtual/course/view.php?id=562
Para estas instalación o profesor Benito Fernández Rey, xefe de departamento de Electricidade, presentou un proxecto a finais de 2021 que foi premiado xunto con outros 14 centros de secundaria de toda Galicia con 55.000 €.
A dotación ven dada polo Ministerio de Educación e Formación Profesional a través dos fondos Next Generation da UE na convocatoria feita pola Xunta de Galicia.
Resolución do proceso de selección para a obtención de bolsas Erasmus para a realización da FCT no estranxeiro
No enlace que se facilita a continuación aparece unha listaxe das persoas ás que lles foi concedida algunha das bolsas Erasmus do CIFP Porta da Auga para a realización de mobilidades para cursar a FCT no estranxeiro. Do mesmo xeito, tamén se indica que persoas se atopan en situación de reserva, que poderían optar a unha das mobilidades no caso de existir algunha renuncia.
A partir do momento da publicación ábrese un prazo de 5 días hábiles para que as persoas interesadas poidan presentar algún tipo de alegación se o consideran oportuno.
Listaxe provisional de persoas solicitantes da axuda a FCT
No documento que se adxunta no seguinte enlace pódese acceder á información pola que se publican as listaxe provisionais de persoas solicitantes da axuda de FCT para o periodo de setembro a decembro de 2022.