Publicada a resolución definitiva do proceso de selección para a asignación de becas Erasmus+ de alumnado e profesorado

RESOLUCIÓN DEFINITIVA DO PROCESO DE SELECCIÓN PARA A ASIGNACIÓN DE BECAS ERASMUS+ DE ALUMNADO NO CURSO 2024/2025: Resolución_definitiva_ALUMNADO

RESOLUCIÓN PROVISIONAL DO PROCESO DE SELECCIÓN PARA A ASIGNACIÓN DE BECAS ERASMUS+ PARA PERSOAL NO CURSO 2024/2025: Resolución_definitiva_PROFESORADO

JOB SHADOWING EN MALTA

As nosas profesoras Marta, Fina, Rosa e Maritoni, na súa mobilidades  de Job Shadowing en Malta, visitaron o centro educativo de Secundaria e a Escola Infantil St. Catherine’s High School-A class Academy para coñecer o sistema educativo maltés e as metodoloxías de traballo co alumnado.
Tamén visitaron empresas onde había alumnado de Erasmus de cara á posibilidade de futuras mobilidades para o noso alumnado:
– Distribuidora de viños españois.
– Aluguer de vehículos.
– Axencia de aluguer de inmobles.
– Servizos de excursións de viaxes de turismo.

JOB SHADOWING EN CROACIA

No día de hoxe amosámosvos unhas imaxes que demostran que no CIFP Porta Da Auga non deixamos de formarnos para ofrecer a mellor formación profesional ao noso alumnado.

Neste caso, a formación do noso profesorado foi tan diversa que traspasou fronteiras. A docente Alba Fernández Folgueira, do departamento de FOL, viaxou a Croacia para coñecer o sistema educativo deste país en varios centros de formación profesional.

📍 A primeira parada fíxoa na cidade de Zadar, onde visitou un centro especializado na aréa de Economía e Administración. 💻💰🧰

📍Logo, continuou a formación en Zagreb. Un centro da capital croata punteiro no sector tecnolóxico, onde puido aprender máis sobre o sistema educativo de Croacia e coñeceu as maravillosas instalacións do mesmo. Este centro conta cunha serie de proxectos punteiros na educación profesional de Europa. Tamén recibiron varios premios por todo o mundo a través das CroatiaSkills. 📡 🔬

Estamos segur@s de que todo o aprendido nesta viaxe será de gran proveito para o futuro das nosas alumnas e alumnos! 👏🏼

PRÁCTICAS EN EMPRESA EN ITALIA: CICLO SUPERIOR DE AUTOMOCIÓN

Brais Mercader, alumno do Ciclo Superior de Automoción, puxo en práctica os seus coñecementos durante o módulo de Formación en Centros de Traballo nunha estadía en Italia, concretamente en Quingentole, na rexión de Mantua.

Na empresa Luigi Moreschi Motorsport SRL, realizou tarefas propias deste ciclo, e outras asociadas á empresa especializada no mantemento e preparación de vehículos de competición.

PRÁCTICAS EN VERONA-ITALIA: C.S. EDUCACIÓN INFANTIL

Sara e Micaela, alumnas do Ciclo Superior de Educación Infantil, remataron o curso participando nun proxecto de mobilidade dentro do programa Erasmus+  KA 131 2022.

Viaxaron a Verona (Italia), onde grazas ao convenio coa Comune de Verona e a escola infantil – nido de infancia “Girotondo” Ponde Florio, desenvolveron as súa Formación en Centros de Traballo.

Puideron gozar da experiencia no estranxeiro e coñecer metodoloxías aplicadas á educación de 0 a 3 anos neste país. Puxeron en práctica os seus coñecementos deseñando propostas de actividades e traballando cun grupo de nenos e nenas durante este período.

ERASMUS+ CICLO SUPERIOR EDUCACIÓN INFANTIL

Ao longo dos tres últimos meses do curso, a alumna Ana Valea Fuente participou nun dos proxectos Erasmus+ de Educación Superior que xestiona o CIFP Porta da Auga (KA 131 2022).
 
Ana realizou as prácticas correspondentes ao Ciclo Superior de Educación Infantil nunha escola infantil pública do concello de Verona, en Italia, país recoñecido pola calidade do seu sistema educativo infantil e a aplicación de metodoloxías innovadoras. O convenio realizouse coa Comune de Verona, e a alumna realizou as prácticas en centros de traballo no Nido “Il Quadrifoglio” San Massimo.
 
Durante o período da súa mobilidade, Ana analizou as características do centro educativo e da contorna, as metodoloxías empregadas, o grupo asignado, espazos, materiais, etc. E, por suposto, puxo en práctica os seus coñecementos a través dun proxecto educativo para un mes dirixido aos nenas e nenos de 0 a 3 anos.

PRÁCTICAS ERASMUS+ 2º APSD

Durante os meses de abril, maio e xuño, o alumno Kevin López Orosa, como beneficiario dunha beca Erasmus+ dentro do proxecto KA-122 2023 que xestiona o centro, realizou a Formación en Centros de Traballo en Portugal, grazas ao convenio establecido co Centro Paroquial de Arcozelo.

No centro de día desta localidade, Kevin puido poñer en práctica os coñecementos adquiridos no CM de Atención a Persoas en Situación de Dependencia, ademais de adquirir competencias lingüísticas noutros idiomas e gozar da experiencia e da estancia no país veciño.

REMATE DAS MOBILIDADES DO CICLO MEDIO DUAL DE INSTALACIÓNS ELÉCTRICAS E AUTOMÁTICAS

Dende o pasado 20 de novembro, o alumnado do Ciclo Medio Dual de Instalacións Eléctricas e Automáticas realizou unha mobilidade para coñecer empresas do sector, ao abeiro do Programa de Mobilidades de FP Dual. Viaxaron a Barcellona Pozzo di Gotto, en Sicilia, de onde acaban de regresar.

O día 21 puideron visitar a empresa La Mora Siciliana s.p.a., co propósito de coñecer procedementos, mantemento e configuración de instalacións automatizadas no sector da insdustria alimentaria.

O 22 continuaron coas visitas a empresas do sector da industria alimentaria, coñecendo a empresa Canditfrucht s.p.a.

Na xornada do 23 o alumnado visitou unha pyme do sector das instalacións eléctricas, Domenico Gitto, para coñecer o seu funcionamento e organización.

O 24 tivo lugar a última visita, neste caso a unha empresa relacionada coa eficiencia enerxética: Energetica Etica di Perlongo Alessandro.

Os días 25 e 26, o alumnado puido aproveitar para realizar visitas de inmersión cultural e lingüística, coñecendo os arredores e visitando o Etna, para regresar finalmente o día 27.